Archive for Marzo, 2010

A siderita un mineral

Mércores, Marzo 31st, 2010

Siderita

Glosario (A Xeosfera)

Martes, Marzo 30th, 2010

A XEOSFERA

  • Rochas: Son agregados de minerais que se formaron nun proceso natural.
  • Minerais: Son elementos ou compostos químicos que se formaron nun proceso natural (volcáns…)
  • Silicato: A maioria dos minerais están formados de osixeno, silicio, que se combinan con outros compostos quimicos e forman uns minerais chamados silicatos.
  • Elementos nativos: Os que teñen a capacidade de construír minerais por sí sos.

Algunhas propiedades dos minerais

  • Brillo: É o aspecto que ofrece a superficie dun mineral ao reflectir a luz.
  • Exfoliacion: Os minerais chámanse exfoliables, que se rompen facilmente en determinadas direccions.
  • Densidade: É a relación que que existe entre a masa dun mineral e o seu volume.
  • Dureza: É a resistencia que ofrece un mineral a ser raiado.
  • Cor: Depende da luz que absorben ou reflicten os compoñentes do mineral.
  • Diafanidade: Indica o grao de transaparencia dunha substancia.

Clasificación das rochas

  • Sedimentarias: Fórmanse a partir duns minerais denominados sedimentos que se depositan lentamente nalgúns medios.
  • Metamórficas: Proceden das rochas que se transforman sen chegar a fundirse, debido aos cambios de presión temperatura…
  • Magmáticas: En zonas profundas da codia terrestre reinan temperaturas moi elevadas que poden fundir as rochas orixinando uns fundidos denominados magmas. Fórmanse as rochas magmáticas cano este arrefría.

Os minerais: recursos da xeosfera.

  • Mena: Son os minerais útiles que se extraen de xacementos minerais.
  • Ganga: Os residuos que se xeran nos xacementos, que poderían converterse en minerais rendibles.
  • Xacemento mineral: Zonas da codia terrestre nas que se concentraron minerais de forma natural
Combustibles fósiles.
  • Petróleo: É un líquido de aspecto oleoso e de cor verde escura ou negra. Orixinouse a partir de organismos mariños que quedaron enterrados por sedimentos no fondo do mar.
  • Carbón: Combustible fósil de cor negra con orixe vexetal que contén unha elevada proporción de carbono.

Presentación do noso peregrino

Martes, Marzo 30th, 2010

O noso personaxe chámase Xoan e vai facer o Camiño de Santiago desde Arzúa. Xoan é alto, simpático, forte e algo testán. Hoxe e día 8 de Xuño e vai comezar o camiño. Vai por San Antón ata Ameixal os primeiros 5,8 Km. Ten queimaduras do sol, porque ten moito calor e sempre anda de manga corta. Con sorte, encontrou Aloe vera, que lle serviu para curar as súas queimaduras. Agora está descansando en Ameixal, e mañá comezará unha nova aventura.

Grupo 1- Carlos, Ana B. G., Paula Dopazo e Pablo R.

As capas da Terra

Martes, Marzo 30th, 2010

Nesta fotografía podemos apreciar as múltiples capas da Terra. A ver se con esta foto averiguamos e aprendemos o necesario do noso planeta.

Capas da Terra

glosario tema 8

Mércores, Marzo 24th, 2010

Ser vivo- é aquel capaz de desempeñar tres funcións vitais: relación, reproducción e nutrición

reproducción asexual-tipo de reprodución na que so interveñe un só individuo, que orixina copias idénticas a si mesmo mediante un proceso reproductor sinxelo

reprodución sexual- tipo de reprodución na que interveñe dous individuos, cada un dos cales proporciona un gameto ou unha célula sexual.

nutrición autótrofa- consiste na fabricación do alimento a partir de substancias inoránicas

nutrición heterótrofa- baséase na utilización de substancias orgánicas producidas por outros seres como fonte de alimento.

célula- unidade máis pequena dun ser vivo capaz de realizar as tres función vitais: nutrición, reprodución e relación.

microscopio- aparello que serve para a observación de seres microscópicos
ocular- lente a través a cal se observa a preparación amplificada

revólver- lentes que aumentan o tamaño da imaxe

platina- base sobre a que se coloca a preparación, que se suxeita con dúas pinzas

diafragma- ao movelo, regúlase a cantidade de luz que chega a preparación

parafusos de enfoque- moven a platina de arriba abaixo para enfocar a preparación

Iluminación- espello ou lámpada que ilumina a preparación

tecido- grupo de células que ten forma parecida e desempeñan a mesma fución

órgano- estructura cunha forma concreta, constituída por varios tecidos asocidos que cumpren unha función determinada

aparato ou sistemas- son conxuntos de órganos que colaboran nunha actividade común

limbo- Lámina que pode ter formas diversas e que se une ao talo polo pecíolo

estomas- abertuas situadas no envés da folla

nós- acheamentos dos talos nos que se insiren as follas

xemas- prominencias do talo

zona terminal- evita que a raíz se dane ao penetrar i chan

zona de crecemento- células que son responsables do crecemento da raíz

zona pilífera- parte da raíz que absorbe auga es sales minerais

zona de ramificación- zona da raíz que nela se forman as raíces laterais

CELULA EUCARIOTA ANIMAL

Mércores, Marzo 24th, 2010

Formación sistema solar

Mércores, Marzo 24th, 2010
embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direktmovie="http://www.youtube.com/v/4iCuHjvehvU" width="425" height="350" wmode="transparent" /

A pirita un mineral

Mércores, Marzo 24th, 2010

Pirita ferrosa

Alberto

Mércores, Marzo 24th, 2010

Alberto o noso peregrino fai o camiño para que se lle perdoen os seus  pecados porque lle roubou o alcalde do seu pobo .Sai da sua casa cara Santiago o dia 4 de  Febreiro.

Aloe Vera

Mércores, Marzo 24th, 2010

O Aloe vera serve para curar os cortes e calmar a dor . Esta pranta encontrase moi dificilmente no camiño. Pero se se encontra hai que metela nun bote para os cortes.