Archive for Abril, 2010

Os 5 reinos

Mércores, Abril 28th, 2010

O reino das moneras : agrupa organismos cuxas células amosan organización procariota.Son  unicelulares e as veces forman colonias.

O reino dos protoctistas : son organísmos eucariotas, unicelulares ou pluricelulares, son moi    sinxelos e nunca chegan a ter tecidos.

Os fósiles

Luns, Abril 26th, 2010

Fósil (do latín fossus, “desenterrado”) é calquera resto dun ser vivo que habitou no pasado ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou á conservación nas rochas.Na mineralización, os átomos de carbono da materia orgánica son substituídos por átomos doutros elementos ao estar o organismo soterrado. Isto permite que cheguen ata a actualidade os restos dun organismo, completo ou incompleto, que viviu noutras épocas xeolóxicas.

A totalidade dos fósiles e a súa localizacións en formacións rochosas fosilíferas (que conteñen fósiles) e estratos sedimentarios coñécese como rexistro fósil. O estudo dos fósiles coñécese como paleontoloxía.

Os fósiles normalmente consisten nos restos desarticulados ou parcialmente preservados dun organismo. Porén, os fósiles poden consistir tamén nas marcas deixadas polo organismo cando ainda vivía, como pegadas ou feces. Estes tipos de fósil chámanse ichnofósiles. Por último, a vida do pasado deixa algúns marcadores que non poden ser vistos, mais si detectados na forma de sinais químicos; estes coñécense como fósiles químicos ou biomarcadores.                                                                                                                                                           Exemplo de fósil.

A fosilización fai que toda materia orgánica, degradable, se convirta en mineral e poida estabilizarse quimica e fisicamente.

Os fósiles agrúpanse en tres grandes grupos:

  • Os restos de partes duras, como son os esqueletos externos ou internos, a dentadura, as cubertas, etc., son fósiles moi comúns. Exemplos son as cunchas de moluscos ou os ósos dalgúns vertebrados.
  • Os modelos corporais son pegadas do corpo dun ser vivo que se conservaron mineralizadas. Poden ser moldes internos (como o que queda cando se petrifica o barro que penetra na cunha baleira dun molusco) ou molde externos.
  • As pegadas da actividade son un conxunto moi variado de fósiles, que mostran probas da actividade biolóxica. Exemplos son os fósiles de excrementos (coprólitos) de dinosauros, as pistas de reptación de invertebrados, as pegadas das pisadas de dinosauros e aves, etc.                                                                      

OS ORGANISMOS PLURICELULARES

Luns, Abril 26th, 2010

Un organismo pluricelular ou multicelular é aquel que está constituído por máis dunha célula as cales están diferenciadas para realizar funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares (protistas e bacterias, entre moitos outros) que reúnen todas súas as funcións vitais nunha única célula.

Un grupo de células diferenciadas de maneira similar que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Porén, nalgúns organismos unicelulares, como as mixobacterias, encóntranse células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se encontra tipicamente en organismos pluricelulares.

Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexerar o organismo enteiro a partir de células xermolalles, obxecto de estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo estúdao a anatomía.

Os organismos pluricelulares poden sufrir cancro, cando falla a regulación do crecemento das células dentro do marco de desenvolvemento normal.

TORMENTAS ELÉCTRICAS

Luns, Abril 26th, 2010

-Que é unha tormenta?

-É un fenómeno metereolóxico debido a unha ou máis masas de aire a diferentes temperaturas

Que fenómenos pode producir?

-Chuvia, neve, saraiba, ventos, raios…

Como se forman?

-Prodúcense cun centro de baixa presión que se desenrola nun sistema de altas presións

Como sei a que distancia está a tormenta?

-Contas os segundos que pasan dende que ves o raio ata que escoites o trono e multipícalo por 340 (darache a distancia á que caeu en metros)

As áreas mariñas protexidas

Luns, Abril 26th, 2010

Ata hai relativamente pouco non se comprendeu que o medio mariño precisa, do mesmo xeito que o terrestre, de figuras de protección axeitadas. O fin é impedir a degradación dos ecosistemas mariños provocada polo ser humano, como consecuencia principalmente da sobreexplotación, e permitir a súa recuperación.

Actualmente en España non existe unha lei específica en materia de protección, o que motiva a aparición de múltiples figuras legais, ás veces superpostas.

Son diversas as evidencias de efectos positivos que xeraron as distintas reservas mariñas creadas en España desde 1986, cando se estableceu a primeira na Isla de Tabarca (Alicante). Desde entón, o número de reservas en España no fixo mais que medrar. A pesar do cal, a xuízo dos expertos, o seu número resulta aínda insuficiente.

As AMP establecidas engloban zonas que pola súa importancia bioxeográfica e ecolóxica non están o suficientemente protexidas. As zonas máis sensibles á actividade humana son prioritarias. (Elena e Sara)

Ver a imaxe a tamaño completo

A PERDA DA BIODIVERSIDADE

Luns, Abril 26th, 2010

Cada día que pasa extínguense especies enteiras de seres vivos. Esta desaparición acentuouse nos últimos anos, debido a diferentes causas, entre as que destacan:

  • Destrución e fragmentación de hábitats, especialmente bosques e ecosistemas acuáticos, debido a incendios forestais, deforestación con fins madeireiros, construción de vías de comunicación, encoros, etc.
  • Contaminación de augas, solos e atmosfera, producida polo desenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Un dos seus efectos máis importantes é o cambio climático.
  • Caza incontrolada. A caza regrada e vixiada non ten por que causar danos ,pero a caza e a pesca abusiva exterminan especies ameazadas.
  • Introdución de especies exóticas fóra da súa área de distribución, o que pon en perigo as especies autóctonas. A venda de certos animais de compañía que se poñen de moda en determinados momentos, o coleccionismo de animais, e o comercio ilegal de especies protexidas supoñen unha gran perda de biodiversidade.
  • ISIDRO E CARLOS 1ºC

Biodiversidade

Luns, Abril 26th, 2010

Biodiversidade (neoloxismo do inglés Biodiversity, á súa vez do grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), tamén chamada diversidade biolóxica, é o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que conforma, resultado de miles de millóns de anos de Evolución segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade abrangue igualmente a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a combinación de múltiples formas de vida, e cuxas mutuas interaccións e co resto da contorna, fundamentan o sustento da vida sobre o planeta. O termo popularizouse logo da Conferencia Internacional de Río de Xaneiro de 1992 na que numerosos Estados asinaron a Convención sobre a diversidade biolóxica.

Non se sabe con certeza o número total de diferentes especies existentes. Crese que pode haber máis de 30 millóns, se ben só se coñecen e se clasificaron algo máis de 2 millóns. A biodiversidade non está repartida por igual en todo o mundo. Os hábitats con maior diversidade son os bosques tropicais e os arrecifes de coral, onde se calcula que viven máis da metade de especies da Terra. (Manuel e Sergio)

lince

A CALCITA

Luns, Abril 26th, 2010

A calcita é un mineral do grupo dos Carbonatos, grupo V/B da clasificación de Strunz. Ás veces úsase como sinónima calcaria, aínda que é incorrecto pois esta é unha rocha máis que un mineral. O seu nome vén do latín Calx, que significa cal vivo. É o mineral máis estable que existe de carbonato de calcio, fronte aos outros dous polimorfos coa mesma fórmula química aínda que distinta estrutura cristalina: o aragonito e a vaterita, máis inestables e solubles.

Algúns hábitos da calcita son moi comúns e teñen unha ampla distribución por todo o planeta, calcúlase que aproximadamente o 4% en peso da cortiza terrestre é de calcita.

Presenta unha variedade enorme de formas e cores. Caracterízase pola súa relativamente baixa dureza (3 na escala de Mohs) e pola súa elevada reactividade inclusa con acedos febles, tales como o vinagre, ademais da mencionada prominente división en moitas variedades – describíronse centos – segundo as impurezas de ións metálicos que pode levar.

A mellor propiedade para identificar á calcita é o test do acedo, pois este mineral sempre produce efervescencia cos acedos. Pode empregarse como criterio para coñecer se o cemento de rochas areentas e conglomerados é de calcita.

Archaeopteryx, o paxaro xurásico

Luns, Abril 26th, 2010

Os espécimes de arqueópterix son relevantes debido á súa morfoloxía transicional e a presenza de plumas ben desenvoltas. As súas características permiten convertelo no modelo máis claro para estudar a transición entre dinosaurios e aves. Medían tan só 35 cm, un tamaño semellante ao do corvo, moi pequeno comparado co rango usual dos dinosauros non avianos. Parécese basicamente a un dinosauro terópodo, e presenta trazos propios deste grupo: unha longa cola ósea, presenza de poutas nos dedos e de dentes nas mandíbulas. Non se sabe con certeza se podían bater as ás con forza e realizar un voo completo, ou só un planeo. Descoñécese a cor das súas plumas. A á é, en esencia, moi semellante á dun paxaro moderno, xa que as súas plumas eran altamente asimétricas, e as da súa cola eran moi grosas.

Os arqueópterix representan os principais fósiles dos xacementos de Solnhofen (Alemaña). Os primeiros atopáronse en 1861 e dende entón apareceron un diverso número de achádegos, dez en total (até 1988), aínda que algúns deles son moi incompletos. Algúns dos especimes foron inicialmente clasificados como terópodos, ata que se observou neles a presenza de plumas. O primeiro que se achou consiste unicamente dunha pluma e non se sabe con seguridade se pertence ao mesmo xénero que o resto. Outros especimes, como o de Berlín, preservan o esquelete case completo e impresións moi detalladas das plumas das ás e do resto do corpo. Conserváronse en pedras calcarias que se empregaban para placas de impresión. A pedra depositouse nunha lagoa cálida e conservou nun gran estado unha gran variedade de fósiles, pertencentes a animais como medusas, vermes, peces e os propios arqueópterix.

O primeiro espécime completo foi anunciado en 1862, tres anos despois de que Charles Darwin publicase A orixe das especies. Os arqueópterix convertéronse nunha das tantas probas que confirmaron a evolución.

Glosario Tema 6

Martes, Abril 20th, 2010

6º Tema

1º – Auga– (inglés: water, castelán: agua, alemán:wasser) composto químico, está constituído por moléculas. Cada unha delas está formada por tres átomos( dous de oxíseno e un de carbono, H2O)

2º –Calor específica– (inglés : specific heat, castelán: calor específica, alemán: spezifische Wärme ) grao de temperatura que precisa a auga para reter a calor.

3º – Augas subterráneas – (inglés: Groundwater, castelán: aguas subterráneas, alemán: Grundwasser) augas que se infiltran no subsolo a través dos poros e fisuras das rochas.

4º – Acuíferos – (inglés: aquifers, castelán: acuíferos, alemán: Grundwasserleiter ) masas de rochas nas que se acumula a auga subterránea.

5º – Torrentes – ( inglés: torrents, castelán: torrentes , alemán:torrents ) Augas que circulan polas pendentes do relevo, formando correntes permanentes ou estacionais.

6º – Lagoas ( inglés: lakes, castelán: lago, alemán: Seen ) Acumulación de auga de diversa extensión. Algunhas só perduran durante as épocas humidas.

7º – Transpiración– (inglés: perspiration, castelán: transpiración, alemán : Schweiß) proceso no que os seres vivos toman auga líquida e incorporanna aos seus corpos, pero devolven parte desa auga á atmosfera en forma de vapor.

8º – Nubes – (inglés: clouds, castelán: nubes, alemán: Wolken ) Acumulación de gotas de auga líquida (doce ) que se condensan sobre as partículas do po atmosférico, polo que se encontran en suspensión na atmosféra.

9º – Glaciares – (inglés: glaciers, castelán: glaciares, alemán : Gletscher ) Enormes masas de xeo que se forman sobre as terras emergidas debido a acumulación e compactación de grandes cantidades de neve.

10º – Infiltración– (inglés: infiltration, castelán: infiltración, alemán: Infiltration ) proceso no que unha das partes corredía infiltrase a ravés das rochas e forma as augas suberráneas. En ocasións estas augas saen de novo á superficie en mananciais e incorpóranse á corredería.