Os fósiles

Fósil (do latín fossus, “desenterrado”) é calquera resto dun ser vivo que habitou no pasado ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou á conservación nas rochas.Na mineralización, os átomos de carbono da materia orgánica son substituídos por átomos doutros elementos ao estar o organismo soterrado. Isto permite que cheguen ata a actualidade os restos dun organismo, completo ou incompleto, que viviu noutras épocas xeolóxicas.

A totalidade dos fósiles e a súa localizacións en formacións rochosas fosilíferas (que conteñen fósiles) e estratos sedimentarios coñécese como rexistro fósil. O estudo dos fósiles coñécese como paleontoloxía.

Os fósiles normalmente consisten nos restos desarticulados ou parcialmente preservados dun organismo. Porén, os fósiles poden consistir tamén nas marcas deixadas polo organismo cando ainda vivía, como pegadas ou feces. Estes tipos de fósil chámanse ichnofósiles. Por último, a vida do pasado deixa algúns marcadores que non poden ser vistos, mais si detectados na forma de sinais químicos; estes coñécense como fósiles químicos ou biomarcadores.                                                                                                                                                           Exemplo de fósil.

A fosilización fai que toda materia orgánica, degradable, se convirta en mineral e poida estabilizarse quimica e fisicamente.

Os fósiles agrúpanse en tres grandes grupos:

  • Os restos de partes duras, como son os esqueletos externos ou internos, a dentadura, as cubertas, etc., son fósiles moi comúns. Exemplos son as cunchas de moluscos ou os ósos dalgúns vertebrados.
  • Os modelos corporais son pegadas do corpo dun ser vivo que se conservaron mineralizadas. Poden ser moldes internos (como o que queda cando se petrifica o barro que penetra na cunha baleira dun molusco) ou molde externos.
  • As pegadas da actividade son un conxunto moi variado de fósiles, que mostran probas da actividade biolóxica. Exemplos son os fósiles de excrementos (coprólitos) de dinosauros, as pistas de reptación de invertebrados, as pegadas das pisadas de dinosauros e aves, etc.                                                                      

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.