Archive for Maio, 2010

O GOLFIÑO COMÚN

Luns, Maio 24th, 2010

O golfiño común oceánico ou de aletas curtas (Delphinus delphis) é unha especie de cetáceo odontoceto da familiaDelphinidae, propia de augas tropicais e subtropicais. Ata a década de 1990, críase que era a única especie deste xéneroos ou delfíns son mamíferos cetáceos pertencentes á familia Delphinidae.

É un golfiño delgado, cun fuciño máis curto có golfiño común costeiro (Delphinus capensis).

É practicamente da mesma cor có Delphinus capensis: zona dorsal con tonalidade gris escura. A zona ventral branca; lateralmente presenta zonas de cor gris clara, dende a testa até a cola. Mide ata 2,4 m de lonxitude, pesando ata os  110 kg.  (Isa e David)

VERTEBRADOS

Luns, Maio 24th, 2010

Os vertebrados ou Vertebrata (“que teñen vértebras“), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

Principais características

Os vertebrados teñen simetría bilateral e están dotados dun cranio que protexe ao cerebro, e esqueleto cartilaxinoso ou óseo, que comprende unha parte axial metamerizada (columna vertebral). Comprende unhas 50.000 especies, na súa maioría peixes.

Os vertebrados típicos teñen o corpo dividido claramente en tres rexións: cabeza, tronco e cola; o tronco a súa vez subdivido en tórax e abdome. Do tronco destacan as extremidades, que están en número impar nas lampreas e pares no resto de vertebrados. Presentan notocordio, que se transforma en columna vertebral en estado adulto; a cabeza está ben diferenciada, a cal agrupa e centraliza a maioría de órganos sensoriais e nerviosos. A estrutura cranial dos vertebrados conseguiuse manter doadamente en estado fósil, motivo este que foi fundamental para coñecer a súa evolución.

Durante o desenvolvemento embrionario, as paredes do corpo dos vertebrados desenvolven uns orificios ou fendeduras branquiais, que dan lugar ás branquias (nos peixes) e a diferentes estruturas. O esqueleto pode ser óseo, cartilaxinoso, e en ocasións presentar dermoesqueleto, consistente nunhas formacións cutáneas esqueléticas.

Vertebrados
Panthera tigris sumatran subspecies.jpg
Panthera tigris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata

Wikipedia

OUREGO

Luns, Maio 24th, 2010
Ourego
ChristianBauer flowering oregano.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Xénero: Origanum
Nome científico
Origanum vulgare

O ourego (Origanum vulgare) é unha planta labiada orixinaria de Europa, rexión mediterránea e Asia central e do sur. É unha herba perenne que chega a medir de 20 a 80 cm de alto, con follas opostas que miden 2 a 4 cm. de longo. As flores son brancas ou purpúreas, nacen en inflorescencias terminais moi ramificadas, estan protexidas por folliñas moi pequenas de cor vermello e miden 3-4 mm. O seu nome deriva do grego origanon (ὀρίγανον), de oros (ὄρος), “montaña” + o verbo ganousthai (γανοῦσθαι) “deleitarse con”.

A planta posúe unhas glándulas pequenas que conteñen a esencia aromática, de cor amarelo limón composta por un estearopteno e dous tipos de fenois, un deles o carvacrol. As raíces conteñen estaquiosa e os talos substancias tánicas. O ourego e unha herba moi importante na cociña, particularmente na zona mediterránea. A parte usada na cociña son as follas, sendo as secas máis aromáticas cas verdes.

Propiedades medicinais

O ourego destaca polas súas propiedades medicinais, sendo as máis importantes as súa actividade antioxidante, antimicrobiana e, en estudos bastante primarios, antitumoral, tamén é considerada tónica e dixestiva

INVERTEBRADOS

Luns, Maio 24th, 2010

Un invertebrado é un animal desprovisto de columna vertebral. Pode ser unicelular ou pluricelular. Este termo non ten valor taxonómico. Os artrópodos constitúen o meirande grupo de invertebrados.

Galería de imaxes

jacobo e artai

A FLOR

Luns, Maio 24th, 2010

A flor é o órgano reprodutivo das plantas chamadas anxiospermas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun froito que contén as sementes.

Filoxenicamente, a flor é un gromo foliar modificado. O óvulo transfórmase no froito, podendo reter, ou non, outras partes da flor. Os óvulos contidos no óvulo transformaranse nas sementes.

ISIDRO E CARLOS 1ºC

A CONTAMINACIÓN

Luns, Maio 24th, 2010

A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.

En función do medio afectado distínguese:

  • Contaminación atmosférica.Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
  • Contaminación do hídrico. Presenza de contaminantes na agua (río ou mar). Os contaminantes principais son os verquidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e augas servidas (saneamento de poboacións).
  • Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verquidos ilegais), verquido de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades ganadeiras.

A contaminación para o medioambiente

Domingo, Maio 23rd, 2010

Experi-menta Erupción Volcán

Sábado, Maio 15th, 2010

SE QUEREDES REALIZAR  VÓS O EXPERIMENTO  NA CASA COA VOSA FAMILIA, A ERUPCIÓN DUN VOLCÁN

volcan

COLLEDE BICARBONATO, VINAGRE E UN POUCO DE COLORANTE.

BOTADE NUN RECIPIENTE COLOCADO DENTRO DO VOLCÁN O BICARBONATO.

MESTURÁDELLE O COLORANTE, E PREPARÁDEVOS A ASISTIR A UNHA ERUPCIÓN VOLCÁNICA TAN PRONTO DERRAMEDES DO SEU INTERIOR O VINAGRE

A avestruz, a ave que non voa

Sábado, Maio 15th, 2010

A avestruz é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, e está considerada a ave máis grande do planeta. Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.avestruz

É orixinaria de África, vive nas chairas abertas, formando grupos nas sabanas e nos desertos, onde a súa altura lle permite avistar aos posíbeis depredadores que a poidan atacar. Pode coller velocidades de máis de 70 quilómetros por hora e se se atopa apresada ataca coas patas e usa as poutas, como paxaro que é, como arma de defensa.

Aniña no chan e os seus ovos son os de maior volume de tódalas aves, poden medir vinte centímetros de longo. Cada femia pon até doce ovos e varias no mesmo niño. Cando os ovos se abren, o macho faise cargo das crías, podendo reunir crías de diferentes femias. No seu medio natural aliméntanse sobre todo de sementes e de froitas, mais domesticadas comen practicamente de todo.

Tamén hai outras grandes aves que nas anteriores clasificaciones eran incluídas entre as corredoras fóra do continente africano: o ñandú é a maior de Sudamérica; o casuario e o emú, os maiores de Australasia. No Madagascar extinguiuse en 1700 a ave elefante ou dinornis, algo máis baixa que unha moa, tamén extinta, pero máis pesada.

Os bivalvos

Xoves, Maio 6th, 2010

Os Bivalvos son unha clase de moluscos mariños, de auga salobre ou auga doce e que viven tamén en arroios, estanques e lagos. Este grupo tamén tivo outros nomes no pasado como: Acephala (acéfalos sen cabeza), Pelecypoda (Pelecípodos, pé en forma de machado) e Lamellibranchia.

Entre os animais que forman parte dos bivalvos atopamos as ostras, mexillóns, zamburiñas, ameixas, navallas, berberechos, etc. No grupo hai unha gran variación de tamaño dende algunhas cunchas que miden entre 1 a 2 mm ata individuos xigantes como algunhas especies do xénero Tridacna que poden acadar máis de 1 metro de lonxitude e ate 225 Kg de peso [2].

A meirande parte dos bivalvos son filtradores e sedentarios e polo tanto dependen das correntes ciliares producidas polas branquias para conseguir alimento. A diferencia doutros grupos como os cefalópodos non teñen unha verdadeira cabeza, carecen de rádula, e teñen moi pouca cefalización. Teñen o corpo comprimido lateralmente e un manto que ten no seu interior as vísceras, pero a súa principal característica é a de posuír dúas valvas.

Existen arredor de 30.000 especies da clase Bivalvia [3] moitas das cales son comestibles e representan un valioso recurso económico en moitas rexións do mundo como é o caso de Galiza. O seu papel de filtradores tamén contribúe á eliminación de bacterias nas augas contaminadas.