Os gasterópodos

Os Gasterópodos son un grupo de animais pertencentes ao filo dos moluscos que xurdiron a comezos do cámbrico e que hoxe están estendidos por tódolos continentes e océanos ocupando tamén charcas, correntes de auga doce e lugares onde hai unha cantidade suficiente de humidade.

Este filo conten cerca dunhas 15.000 especies fósiles e arredor de 40.000 especies vivas das cales as máis coñecidas son: as bucinas, as lapas, as lesmas, as patelas, os caracois, as lebres de mar, os caramuxos, as peneiras, as costureiras, os corniños e os nudibranquios.

Os gasterópodos presentan simetría bilateral, pero na fase de larva velixer estes animais sofren unha torsión e a súa masa visceral convertese en asimétrica. O tamaño dos membros deste grupo é moi variable xa que vai dende formas microscópicas ate especies de gran tamaño como Pleuroploca gigantea duns 60 centímetros de longo, ou algúns dos individuos do xénero Aplysia que poden chegar a acadar 1 metro de lonxitude. A meirande parte dos gasterópodos miden entre 1 e 8 cm de lonxitude, e existen fósiles que acadan os 2 metros de longo.

Presentan cefalización cunha verdadeira cabeza, un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal, polo miúdo polícroma que pode reducirse ou ate perderse nos gasterópodos máis evolucionados.

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.