A avestruz, a ave que non voa

A avestruz é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, e está considerada a ave máis grande do planeta. Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.avestruz

É orixinaria de África, vive nas chairas abertas, formando grupos nas sabanas e nos desertos, onde a súa altura lle permite avistar aos posíbeis depredadores que a poidan atacar. Pode coller velocidades de máis de 70 quilómetros por hora e se se atopa apresada ataca coas patas e usa as poutas, como paxaro que é, como arma de defensa.

Aniña no chan e os seus ovos son os de maior volume de tódalas aves, poden medir vinte centímetros de longo. Cada femia pon até doce ovos e varias no mesmo niño. Cando os ovos se abren, o macho faise cargo das crías, podendo reunir crías de diferentes femias. No seu medio natural aliméntanse sobre todo de sementes e de froitas, mais domesticadas comen practicamente de todo.

Tamén hai outras grandes aves que nas anteriores clasificaciones eran incluídas entre as corredoras fóra do continente africano: o ñandú é a maior de Sudamérica; o casuario e o emú, os maiores de Australasia. No Madagascar extinguiuse en 1700 a ave elefante ou dinornis, algo máis baixa que unha moa, tamén extinta, pero máis pesada.

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.