VERTEBRADOS

Os vertebrados ou Vertebrata (“que teñen vértebras“), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

Principais características

Os vertebrados teñen simetría bilateral e están dotados dun cranio que protexe ao cerebro, e esqueleto cartilaxinoso ou óseo, que comprende unha parte axial metamerizada (columna vertebral). Comprende unhas 50.000 especies, na súa maioría peixes.

Os vertebrados típicos teñen o corpo dividido claramente en tres rexións: cabeza, tronco e cola; o tronco a súa vez subdivido en tórax e abdome. Do tronco destacan as extremidades, que están en número impar nas lampreas e pares no resto de vertebrados. Presentan notocordio, que se transforma en columna vertebral en estado adulto; a cabeza está ben diferenciada, a cal agrupa e centraliza a maioría de órganos sensoriais e nerviosos. A estrutura cranial dos vertebrados conseguiuse manter doadamente en estado fósil, motivo este que foi fundamental para coñecer a súa evolución.

Durante o desenvolvemento embrionario, as paredes do corpo dos vertebrados desenvolven uns orificios ou fendeduras branquiais, que dan lugar ás branquias (nos peixes) e a diferentes estruturas. O esqueleto pode ser óseo, cartilaxinoso, e en ocasións presentar dermoesqueleto, consistente nunhas formacións cutáneas esqueléticas.

Vertebrados
Panthera tigris sumatran subspecies.jpg
Panthera tigris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata

Wikipedia

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.