Archive for the ‘atmosfera’ Category

OS FURACÁNS

Luns, Abril 5th, 2010

O furacán é o máis severo dos fenómenos meteorolóxicos coñecidos como ciclóns tropicais.

Etapas dun ciclón tropical
ciclones tropicales

O furacán produce dous tipos de efectos dende o punto de vista técnico: o efecto directo é cando unha rexión específica é afectada por ventos, chuvia e marexada xerados polo furacán; ol efecto indirecto, inclúe únicamente un ou dous dos anteriores efectos.

Antes de Camille
Antes de Camille
Después de Camille
Después de Camille
. Estas imáxes ilustran a total destrucción do complejo de apartamentos Richeliue (Florida, EEUU) tras  o paso do furacán Camille en 1969.

A escala Saffir-Simpson define e clasifica a categoría dun furacán en función da velocidade dos ventos do mesmo.

Escala Saffir-Simpson
Categoría Rango de velocidade dos ventos
(kilómetros por hora)
1 119-153
2 154-177
3 178-209
4 210-250
5 maior que 250

Ir arriba


¿Como se observan os ciclóns tropicais?

  • Observacións directas: lévanse a cabo por medio de avións, barcos ou boias que determinan as dimensións e velocidade dos ventos do ciclón tropical.
Métodos de observación

(Imaxe do Programa COMET)

Glosario atmosfera

Martes, Marzo 9th, 2010

GLOSARIO

5º TEMA

1º-Exosfera –(inglés:exosphere, castelán:exosofera, alemán:Exosphäre); É unha zona da atmosfera que contén gases atmosféricos enrarecidos xa que ten poucas partículas. É a capa máis alta de atmosfera. exosfera

2º – Termosfera – (inglés:termosphere, castelán:termosfera, alemán:Thermosphäre); É unha zona da atmosfera que se localiza entre os 80 e os 500 km de altitude. Contén gases enrarecidos pero absorben radiacións solares máis enerxéticas e prexudiciais e transfórmanse en calor o que eleva a temperatura da zona.

3º – Mesosfera – (inglés:mesosphere, castelán:mesosfera, alemán:Mesosphäre); Encóntrase na atmosfera entre os 80 e 50 km de altitude. Aquí os gases non absorben radiacións solares polo cal a temperatura descende.

4º – Estratosfera – (inglés:stratosphere, castelán:estratosfera, alemán:Stratosphäre); Sitúase entre os 50 e os 12 km de altitude na atmosfera. Na metade encóntrase a capa de ozono onde a temperatura vai aumentando coa altitude.Esta absorbe a radiación ultravioleta e quéntase.

5º – Troposfera – (inglés:troposphere, castelán:troposfera, alemán:Tropophäre); Sitúase nos 12 primeiros km de atmosfera onde acada a súa máxima densidade xa que nesta zona se condensan as tres cuartas partes do aire.

6º-Hidrometeoros – (inglés:hydrometeors, castelán:hidrometeoros, alemán:Hydromteore); son fenómenos da troposfera relacionados coa auga.

7º – Climograma – (inglés:climogram, castelán:climograma, alemán:Climogram) ; son gráficos que representan os datos do tempo.

8º – Contaminación acústica – (inglés:noise, castelán:ruido, alemán:Contaminatium Alcustishen); é a denominación de ruidos moi fortes ou persistentes.

9º – Pluviómetro – (inglés:gauge, castelán:pluviometro, alemán:Gauge) ; é un aparello que serve para medir o volumen das preciptacións.

10º – Higrómetro – (inglés:higromen, castelán:higrometro, alemàn:higromen); é un aparello que sever para medir a humidade atmosférica, a cantidade de auga que contén o aire.

Nerea Gil González 1ºB

Tal coma as nubes- Rosalía de Castro

Martes, Marzo 2nd, 2010

……………Era apacible el día
y templado el ambiente
y llovía, llovía,
callada y mansamente;
y mientras silenciosa
lloraba yo y gemía,
mi niño, tierna rosa,
durmiendo se moría.

Hidrosfera

Busca textos de Rosalía sobre xeosfera, hidrosfera e atmosfera

Xoves, Febreiro 25th, 2010

POEMA DE CANTARES GALLEGOS

Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.

Miña casa, meu abrigo;
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin amigo.

A capa de ozono

Xoves, Febreiro 25th, 2010

A ozonosfera localízase na estretosfera, preto de 90% de ozono atmosférico está nesta capa, entre 16 a 30 quilómetros de altitude, preto de 20 km de espesura. Os gases na ozonosfera son tan raros que, se os comprimísemos á presión atmosférica ao nivel do mar, a súa espesura non sobrepasaría os 3 milímetros.

As radiacións electromagnéticas emitidas polo Sol traen enerxía para a Terra, entre as cais a radiación infravermella, a luz visible e unha mestura de radiacións epartículas, moitas destas nocivas.

Gran parte da enerxía solar é absorbida e/ou reflexada pola atmosfera; se chegase na súa totalidade á superficie do planeta, este esterilízase.

A ozonosfera é unha das principais barreiras que nos protexe dos raios ultravioleta. O ozono deixa pasar apenas unha pequena parte dos raios U.V., esta benéfica.

Cando o osíxeno molecular da alta-atmosfera sofre interacións debido á enerxía ultravioleta provinda do Sol, acaba dividindose en osíxeno atómico; o átomo de osíxeno e a molécula do mesmo elemento se unen debido á reionización, e acaban formando a molécula de ozono cuxa composición é (O3)

A ozonosfera saturada de ozono funciona como un filtro onde as moléculas absorven a radiación ultravioleta do Sol e, debido a reacións fotoquímicas, é atenuado o seu efeito. É nesta rexión que están as nubes madreperlas, que son as única que se forman na capa de ozono.

ozono

wikipedia.

A treboada de C

Xoves, Febreiro 4th, 2010

a treboada  Cóntanos de que trata o libro…..

Trebellos de meteoroloxía

Martes, Xaneiro 26th, 2010

Trebellos automáticos

Anemómetro de cazoliñas

Anemómetro para medi-la velocidade do vento en función da rotación dun molinete formado por tres cazoliñas, hemiesféricas ou cónicas, unidas individualmente por un brazo a un eixe vertical. O anemómetro colócase a unha altura de 10 metros sobre o chan e debe estar a 5 veces a altura dos obstáculos máis próximos. A medida exprésase en metros por segundo ou quilómetros por hora.

Cataventoterbellos

Este instrumento sirve para medi-la dirección do vento. Considérase a dirección do vento a dirección dende a cal ven o vento e exprésase como o ángulo formado polo vector vento e a dirección norte, seguindo a dirección das agullas do reloxo. Ao igual que o anemómetro, colócase a unha altura de 10 metros sobre o solo. As unidades son os graos. O norte son 0 graos o leste 90 graos, o sur 180 graos e o oeste 270 graos.

Pluviómetro de cazoliñas

 

  Este tipo de pluviómetro vai recollendo a choiva nun dispositivo formado por dous cazoliñas basculantes e cada volta dunha cazoliña determina unha cantidade de precipitación, que é a cantidade mínima que o pluviómetro é capaz de medir (normalmente 0.1 litros por metro cadrado). A boca do pluviómetro é circular e sole ser de 200 ou 400 cm2  . Disponse a 1.5 m sobre o chan.

Sonda de temperatura e humidade

 Sole estar formada por unha resistencia de platino (100 Ohm a 0ºC) para a media da temperatura y un condensador para a medida da humidade. A medida da temperatura baséase na variación da resistencia ó varia-la temperatura do aire e na variación da capacidade do condensador ó variala humidade. A sonda colócase dentro dun protector de radiación solar para evita-la incidencia de radiación directa do sol e sitúase a 1.5 m sobre o chan.

Piranómetro

    Instrumento para medi-la radiación solar sobre unha superficie plana. Cando se emprega cunha pantalla que impida a incidencia da radiación solar directa, mídese soamente a difusa. Polo xeral, consta dunha pila termoeléctrica que se encontra baixo unha cuberta protectora en forma de semiesfera de cristal. As unidades desta medida son os vatios por metro cadrado W/m2

 

 

 

Glosario

Sábado, Decembro 19th, 2009

 

 

  • Asteroides- grandes formacións de rochas que orbitan no espazo, cando un asteroide impacta contra un planeta chámaselle meteorito.
  • Constelaciónsdebuxos que a imaxinación humana formou agrupando as estrelas do firmamento.
  • Planeta- astros de forma esférica que xiran ao redor do Sol q que “limparon” as inmediacións da súa órbita doutros astros, asteroides, etc., pola atracción gravitatoria.
  • Sol-inmensa esfera de gases incandescente.Cometa- formacións de rochas e xeo( de auga e outras substancias) que teñen una orbita maior ca os demáis astros.
  • Estrelas- “soles” moi afastados; é dicir , enormes esferas de gas illadas no espazo, que producen enerxía no seu interior.
  • Ananas brancas- estrelas “mortas” arrefríadas ao ser medianas ou pequenas.
  • Galaxias- agrupacións de estrelas e nubes de gas e po.
  • Universo- é o conxunto do espazo, materia e enerxía accesible á nosa observación.
  • Lúa- satélite da Terra, foi o primer astro visto polo ser humano
  • Eclipse- fenómeno polo cal un astro queda oculto, total ou parcialmente, de forma temporal por intersección doutro
  • Mareas- variacións periódicas do nivel das augas dos océanos por efecto dos movementos e atraccións da Terra.
  • Translación- movemento dos planetas que grazas a el temos as estacións
  • Rotación- movemento dos plantas que equivale aos días e as noites.
  • atmosdferaAtmosfera- envoltura de gases máis externa e lixeira do planeta.
  • Hidrosfera- está constituída por todas as augas da Terra.
  • Xeosfera- capa solida da Terra , divídese en codia, manto e núcleo.
  • Biosfera- está constituida por todos os seres vivos do planeta.
  • Recursos renovables- son os que se consomen cunha rapidez igual ou inferior á da súa rexeneración.
  • recursosRecuros non renovables- son os que se consomen cunha rapidez maior que a da súa formación.

 

 

Iago Ferrás García PRIMEIRO A

Quecemento global

Sábado, Decembro 19th, 2009

O quentamento global (ás veces, pero incorrectamente, quecemento global) é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quentamento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A denominación “quentamento global” xeralmente implica a actividade humana. Unha denominación máis neutral, cambio climático, utilízase normalmente para designar calquera cambio no clima, sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces se emprega o termo cambio climático antropoxénico.

Frecuentemente a discusión se centra na temperatura, pero o quentamento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veránse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

O corpo multigobernamental e científico encargado da súa análise global é o IPCC (siglas en inglés do Inter-Governmental Panel on Climate Change ou Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático). Unha das súas liñas de acción máis visibles é o Protocolo de Kyoto, que promove unha redución de emisións contaminantes (principalmente gases de invernadoiro ) por parte dos países industrializados.

O cambio climático

Mércores, Decembro 9th, 2009

Nestes días estase a celebrar en Conpenhagen (Dinamarca) a xuntanza de tódolos países para estudar o cambio climático e propoñer accións para evitalo.

 cambio  O presente cambio climático é debido a acción do home ao contaminar dabondo a atmósfera.

Todos podemos tratar de evitar os efectos do cambio climático reducindo as emisións a atmósfera; usando menos a calefacción, menos o coche, máis a bici ou transportes públicos.

Afortunadamente en Galicia nos vindeiros anos notaremos menos os efectos do cambio climático que noutras partes de España, pero ainda así estaría bien prepararse!!!