Archive for the ‘Hidrosfera’ Category

A contaminación para o medioambiente

Domingo, Maio 23rd, 2010

Glosario Tema 6

Martes, Abril 20th, 2010

6º Tema

1º – Auga– (inglés: water, castelán: agua, alemán:wasser) composto químico, está constituído por moléculas. Cada unha delas está formada por tres átomos( dous de oxíseno e un de carbono, H2O)

2º –Calor específica– (inglés : specific heat, castelán: calor específica, alemán: spezifische Wärme ) grao de temperatura que precisa a auga para reter a calor.

3º – Augas subterráneas – (inglés: Groundwater, castelán: aguas subterráneas, alemán: Grundwasser) augas que se infiltran no subsolo a través dos poros e fisuras das rochas.

4º – Acuíferos – (inglés: aquifers, castelán: acuíferos, alemán: Grundwasserleiter ) masas de rochas nas que se acumula a auga subterránea.

5º – Torrentes – ( inglés: torrents, castelán: torrentes , alemán:torrents ) Augas que circulan polas pendentes do relevo, formando correntes permanentes ou estacionais.

6º – Lagoas ( inglés: lakes, castelán: lago, alemán: Seen ) Acumulación de auga de diversa extensión. Algunhas só perduran durante as épocas humidas.

7º – Transpiración– (inglés: perspiration, castelán: transpiración, alemán : Schweiß) proceso no que os seres vivos toman auga líquida e incorporanna aos seus corpos, pero devolven parte desa auga á atmosfera en forma de vapor.

8º – Nubes – (inglés: clouds, castelán: nubes, alemán: Wolken ) Acumulación de gotas de auga líquida (doce ) que se condensan sobre as partículas do po atmosférico, polo que se encontran en suspensión na atmosféra.

9º – Glaciares – (inglés: glaciers, castelán: glaciares, alemán : Gletscher ) Enormes masas de xeo que se forman sobre as terras emergidas debido a acumulación e compactación de grandes cantidades de neve.

10º – Infiltración– (inglés: infiltration, castelán: infiltración, alemán: Infiltration ) proceso no que unha das partes corredía infiltrase a ravés das rochas e forma as augas suberráneas. En ocasións estas augas saen de novo á superficie en mananciais e incorpóranse á corredería.

Glosario tema 6: a hidrosfera

Mércores, Marzo 24th, 2010

auga

Calor específica: Enerxía necesaria para elevar 1ºC a temperatura dun gramo de materia ou substancia.

Banquisa polar: Capa de xeo flotante que se forma nas rexión oceánicas polares.

Glaciar: Grosa capa de xeo que se orixina na superficie terrestre por acumulación, compactación e recristalización da neve.

Augas residuais: Son as aguas que xa foron utilizadas e que presentan residuos: as de uso doméstico conteñen restos órganicos, deterxentes e microorganismos; AS de uso industrial, substancias tóxicas ou están demasiado quentes; as de uso agropecuario, fertilizantes, pesticidas, restos orgánicos e microorganismos.

Augas subterráneas: Son as augas que se filtran no subsolo a través dos poros e fisuras das rochas. Alí acumúlanse en masas de rochas porosas chamadas acuíferos.

Nube: Acumulacións de gotiñas de auga líquida (doce) que se condensan sobre as partículas de po atmosférico, polo que se encontran en suspensión na atmosfera.

Salinidade: Indica a cantidade de sales minerais que se encontran disolvidas na auga. Canto maior é a salinidade, maior é a densidade da disolución resultante.

Auga salgada: Cando a auga contén máis dun 1 % en peso de sales.

Potabilización: Tratamentos que eliminan impurezas perigosas da auga.

Auga potable: Apta par o consumo humano, é dicir, ten que ser doce, transparente e inodora e que non conteña substancias nin organismos que poidan causarnos enfermidades cando a inxerimos ou cando nos lavamos con ella.

Rosalía canta sobre a hidrosfera

Martes, Marzo 2nd, 2010

http://www.youtube.com/watch?v=75IQeBWWuYk&feature=related

Esta é unha poesía de Rosalía que menciona a hidrosfera.

POEMA Rosalía

Martes, Marzo 2nd, 2010

Adios ríos, adios fontes

adios regatos pequenos

adios vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos.

Poema de Rosalía de Castro: Adiós, ríos; adios, fontes;

Martes, Marzo 2nd, 2010
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!

http://www.youtube.com/watch?v=86nzp0_Hafo]




Busca textos de Rosalía sobre xeosfera, hidrosfera e atmosfera

Xoves, Febreiro 25th, 2010

POEMA DE CANTARES GALLEGOS

Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.

Miña casa, meu abrigo;
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin amigo.

A causa das inundacións en España.

Xoves, Febreiro 25th, 2010

As ocasionais inundacións que tantas desgrazas provocan en España teñen unha sencilla causa. Ao chover a auga desprázase, recollendo máis auga e acumulándose e indo sempre cara abaixo. Se o solo non pode absorber esa auga, provócanse as inundacións. Hai certos elementos e deseños de construción que impiden esta absorción e contribúen ás inundacións.inundacions

Uns exemplos son: a utilización excesiva de cemento, a construción en barrancos ou beiras dos ríos e a utilización de cauces secos de ríos para a edificación de vivendas.


Esta é unha canción sobre o ciclo da auga

Mércores, Febreiro 17th, 2010

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Sae no tema 6