Archive for the ‘Uncategorized’ Category

Parabéns

Martes, Xuño 8th, 2010

Parabéns a todos/as polo gran traballo realizado.

VERTEBRADOS

Luns, Maio 24th, 2010

Os vertebrados ou Vertebrata (“que teñen vértebras“), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

Principais características

Os vertebrados teñen simetría bilateral e están dotados dun cranio que protexe ao cerebro, e esqueleto cartilaxinoso ou óseo, que comprende unha parte axial metamerizada (columna vertebral). Comprende unhas 50.000 especies, na súa maioría peixes.

Os vertebrados típicos teñen o corpo dividido claramente en tres rexións: cabeza, tronco e cola; o tronco a súa vez subdivido en tórax e abdome. Do tronco destacan as extremidades, que están en número impar nas lampreas e pares no resto de vertebrados. Presentan notocordio, que se transforma en columna vertebral en estado adulto; a cabeza está ben diferenciada, a cal agrupa e centraliza a maioría de órganos sensoriais e nerviosos. A estrutura cranial dos vertebrados conseguiuse manter doadamente en estado fósil, motivo este que foi fundamental para coñecer a súa evolución.

Durante o desenvolvemento embrionario, as paredes do corpo dos vertebrados desenvolven uns orificios ou fendeduras branquiais, que dan lugar ás branquias (nos peixes) e a diferentes estruturas. O esqueleto pode ser óseo, cartilaxinoso, e en ocasións presentar dermoesqueleto, consistente nunhas formacións cutáneas esqueléticas.

Vertebrados
Panthera tigris sumatran subspecies.jpg
Panthera tigris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata

Wikipedia

INVERTEBRADOS

Luns, Maio 24th, 2010

Un invertebrado é un animal desprovisto de columna vertebral. Pode ser unicelular ou pluricelular. Este termo non ten valor taxonómico. Os artrópodos constitúen o meirande grupo de invertebrados.

Galería de imaxes

jacobo e artai

A FLOR

Luns, Maio 24th, 2010

A flor é o órgano reprodutivo das plantas chamadas anxiospermas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun froito que contén as sementes.

Filoxenicamente, a flor é un gromo foliar modificado. O óvulo transfórmase no froito, podendo reter, ou non, outras partes da flor. Os óvulos contidos no óvulo transformaranse nas sementes.

ISIDRO E CARLOS 1ºC

A CONTAMINACIÓN

Luns, Maio 24th, 2010

A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.

En función do medio afectado distínguese:

  • Contaminación atmosférica.Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
  • Contaminación do hídrico. Presenza de contaminantes na agua (río ou mar). Os contaminantes principais son os verquidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e augas servidas (saneamento de poboacións).
  • Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verquidos ilegais), verquido de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades ganadeiras.

Experi-menta Erupción Volcán

Sábado, Maio 15th, 2010

SE QUEREDES REALIZAR  VÓS O EXPERIMENTO  NA CASA COA VOSA FAMILIA, A ERUPCIÓN DUN VOLCÁN

volcan

COLLEDE BICARBONATO, VINAGRE E UN POUCO DE COLORANTE.

BOTADE NUN RECIPIENTE COLOCADO DENTRO DO VOLCÁN O BICARBONATO.

MESTURÁDELLE O COLORANTE, E PREPARÁDEVOS A ASISTIR A UNHA ERUPCIÓN VOLCÁNICA TAN PRONTO DERRAMEDES DO SEU INTERIOR O VINAGRE

A avestruz, a ave que non voa

Sábado, Maio 15th, 2010

A avestruz é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, e está considerada a ave máis grande do planeta. Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.avestruz

É orixinaria de África, vive nas chairas abertas, formando grupos nas sabanas e nos desertos, onde a súa altura lle permite avistar aos posíbeis depredadores que a poidan atacar. Pode coller velocidades de máis de 70 quilómetros por hora e se se atopa apresada ataca coas patas e usa as poutas, como paxaro que é, como arma de defensa.

Aniña no chan e os seus ovos son os de maior volume de tódalas aves, poden medir vinte centímetros de longo. Cada femia pon até doce ovos e varias no mesmo niño. Cando os ovos se abren, o macho faise cargo das crías, podendo reunir crías de diferentes femias. No seu medio natural aliméntanse sobre todo de sementes e de froitas, mais domesticadas comen practicamente de todo.

Tamén hai outras grandes aves que nas anteriores clasificaciones eran incluídas entre as corredoras fóra do continente africano: o ñandú é a maior de Sudamérica; o casuario e o emú, os maiores de Australasia. No Madagascar extinguiuse en 1700 a ave elefante ou dinornis, algo máis baixa que unha moa, tamén extinta, pero máis pesada.

MOLUSCOS

Xoves, Maio 6th, 2010

Os moluscos (Mollusca, do latín molluscus, “brando”) forman un dos grandes filums do reino animal. Son invertebrados protóstomos celomados, triblásticos con simetría bilateral (aínda que algúns poden ter unha asimetría secundaria) e non segmentados, de corpo brando, espido ou protexido por unha cuncha. Os moluscos son os invertebrados máis numerosos despois dos artrópodos, e inclúen formas tan coñecidas como as ameixas, ostras, luras, polbos, lesmas e unha gran diversidade de caracois, tanto mariños coma terrestres.

Calcúlase que pode existir preto 100.000 especies viventes, e 35.000 especies extintas, xa que os moluscos teñen unha longa historia xeolóxica, que se remonta ao Precámbrico ata o recente. Os moluscos colonizan practicamente todos os ambientes, desde as grandes alturas a máis de 3.000 m sobre o nivel do mar ata profundidades oceánicas de máis de 5.000 m de profundidade, nas augas polares ou tropicais e adoitan ser elementos comúns dos litorais de todo o mundo.

Son animais de corpo brando (divididos en cabeza, masa visceral e pé) con tres características únicas no reino animal polas que se identifican:

Un pé muscular.
Unha cuncha calcaria secretada por un integumento subxacente chamado manto, por veces ausente.
Un órgano de alimentación chamado rádula (formada por ringleiras de dentes quitinosos curvos).
O interese do home nos moluscos é enorme. Os moluscos son unha importante fonte de alimentación para a especie humana. Ademais, numerosas enfermidades parasitarias tanto humanas como veterinarias son transmitidas polos moluscos, que actúan como hospedador intermediario, sobre todo de platelmintos trematodos.

A Malacología é a rama da Zooloxía que estuda os moluscos. Neste sentido tense que durante os séculos XVIII e XIX elaboráronse importantes coleccións malacológicas e conchológicas tanto de de prestixiosas institucións como museos e academias de ciencias como colecciones privadas, aínda hoxe en día o coleccionar conchas de moluscos é un dos principais pasatempos de moitas persoas en todo o mundo. Debido a esta afección os moluscos son uns dos grupos zoolóxicos mellores estudados despois dos vertebrados.

OS MOLUSCOS

Xoves, Maio 6th, 2010

Os moluscos constitúen un dos grupos mariños que máis cantidade de especies agrupa. Os seus representantes teñen o corpo brando e, orixinalmente, todos presentan unha cuncha calcárea, que hoxe en dia perdeuse ou reduciu o seu tamaño na maior parte dos casos.

Neste tipo aparece una terceira capa celular que delimita un tubo que une a boca y o ano: o celoma. A parede ventral do corpo soe estar especializada como un pe muscular.

A parede dorsal do corpo forma dous pliegues que contieñen as branquias ou pulmóns e que segregan a concha.

Todos teñen órganos sensoriais do tacto, olfacto, gusto, equilibrio, mentras que a vista so está presente en algunhos e está especialmente desenrolada nos cefalópodos.

A biodiversidade

Xoves, Maio 6th, 2010

Biodiversidade (neoloxismo do inglés Biodiversity, á súa vez do  grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), tamén chamada diversidade biolóxica, é o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que conforma, resultado de miles de millóns de anos de Evolución  segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade abrangue igualmente a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a  combinación de múltiples formas de vida, e cuxas mutuas interaccións e co resto da contorna, fundamentan o sustento da vida sobre o planeta. O termo popularizouse logo da Conferencia Internacional de Río de Xaneiro de 1992 na que numerosos Estados asinaron a Convención sobre a diversidade biolóxica.

Non se sabe con certeza o número total de diferentes especies existentes. Crese que pode haber máis de 30 millóns, se ben só se coñecen e se clasificaron algo máis de 2 millóns. A biodiversidade non está repartida por igual en todo o mundo. Os hábitats con maior diversidade son os bosques tropicais e os arrecifes de coral, onde se calcula que viven máis da metade de especies da Terra.

Wikipedia enciclopedia libre.