Archive for the ‘Terra’ Category

A CONTAMINACIÓN

Luns, Maio 24th, 2010

A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.

En función do medio afectado distínguese:

  • Contaminación atmosférica.Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
  • Contaminación do hídrico. Presenza de contaminantes na agua (río ou mar). Os contaminantes principais son os verquidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e augas servidas (saneamento de poboacións).
  • Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verquidos ilegais), verquido de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades ganadeiras.

Os fósiles

Luns, Abril 26th, 2010

Fósil (do latín fossus, “desenterrado”) é calquera resto dun ser vivo que habitou no pasado ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou á conservación nas rochas.Na mineralización, os átomos de carbono da materia orgánica son substituídos por átomos doutros elementos ao estar o organismo soterrado. Isto permite que cheguen ata a actualidade os restos dun organismo, completo ou incompleto, que viviu noutras épocas xeolóxicas.

A totalidade dos fósiles e a súa localizacións en formacións rochosas fosilíferas (que conteñen fósiles) e estratos sedimentarios coñécese como rexistro fósil. O estudo dos fósiles coñécese como paleontoloxía.

Os fósiles normalmente consisten nos restos desarticulados ou parcialmente preservados dun organismo. Porén, os fósiles poden consistir tamén nas marcas deixadas polo organismo cando ainda vivía, como pegadas ou feces. Estes tipos de fósil chámanse ichnofósiles. Por último, a vida do pasado deixa algúns marcadores que non poden ser vistos, mais si detectados na forma de sinais químicos; estes coñécense como fósiles químicos ou biomarcadores.                                                                                                                                                           Exemplo de fósil.

A fosilización fai que toda materia orgánica, degradable, se convirta en mineral e poida estabilizarse quimica e fisicamente.

Os fósiles agrúpanse en tres grandes grupos:

  • Os restos de partes duras, como son os esqueletos externos ou internos, a dentadura, as cubertas, etc., son fósiles moi comúns. Exemplos son as cunchas de moluscos ou os ósos dalgúns vertebrados.
  • Os modelos corporais son pegadas do corpo dun ser vivo que se conservaron mineralizadas. Poden ser moldes internos (como o que queda cando se petrifica o barro que penetra na cunha baleira dun molusco) ou molde externos.
  • As pegadas da actividade son un conxunto moi variado de fósiles, que mostran probas da actividade biolóxica. Exemplos son os fósiles de excrementos (coprólitos) de dinosauros, as pistas de reptación de invertebrados, as pegadas das pisadas de dinosauros e aves, etc.                                                                      

Archaeopteryx, o paxaro xurásico

Luns, Abril 26th, 2010

Os espécimes de arqueópterix son relevantes debido á súa morfoloxía transicional e a presenza de plumas ben desenvoltas. As súas características permiten convertelo no modelo máis claro para estudar a transición entre dinosaurios e aves. Medían tan só 35 cm, un tamaño semellante ao do corvo, moi pequeno comparado co rango usual dos dinosauros non avianos. Parécese basicamente a un dinosauro terópodo, e presenta trazos propios deste grupo: unha longa cola ósea, presenza de poutas nos dedos e de dentes nas mandíbulas. Non se sabe con certeza se podían bater as ás con forza e realizar un voo completo, ou só un planeo. Descoñécese a cor das súas plumas. A á é, en esencia, moi semellante á dun paxaro moderno, xa que as súas plumas eran altamente asimétricas, e as da súa cola eran moi grosas.

Os arqueópterix representan os principais fósiles dos xacementos de Solnhofen (Alemaña). Os primeiros atopáronse en 1861 e dende entón apareceron un diverso número de achádegos, dez en total (até 1988), aínda que algúns deles son moi incompletos. Algúns dos especimes foron inicialmente clasificados como terópodos, ata que se observou neles a presenza de plumas. O primeiro que se achou consiste unicamente dunha pluma e non se sabe con seguridade se pertence ao mesmo xénero que o resto. Outros especimes, como o de Berlín, preservan o esquelete case completo e impresións moi detalladas das plumas das ás e do resto do corpo. Conserváronse en pedras calcarias que se empregaban para placas de impresión. A pedra depositouse nunha lagoa cálida e conservou nun gran estado unha gran variedade de fósiles, pertencentes a animais como medusas, vermes, peces e os propios arqueópterix.

O primeiro espécime completo foi anunciado en 1862, tres anos despois de que Charles Darwin publicase A orixe das especies. Os arqueópterix convertéronse nunha das tantas probas que confirmaron a evolución.

A siderita un mineral

Mércores, Marzo 31st, 2010

Siderita

A MANDRÁGORA

Luns, Marzo 15th, 2010

MANDRÁGORA

Nome común ou vulgar: Mandrágora

Nome científico ou latino: Mandragora autumnalis

A mandrágora é unha herba á cual selle atribuiron antigamente propiedades máxicas.

A mandrágora posee unha gran raíz parda que se lle extende hata 1 m por debaixo do suelo.

Da recoleción con fins terapéuticos interesan a raíz e o rizoma: ambas partes recollen poñendose a secar rápidamente.

Unha vez seca cortase en rodaxas e se garda en recipentes herméticos.

Antes de pasar ás aplicacións, conven recordar que é unha planta potencialmente tóxica, da mesma familia co beleño e a belladona.

Por tanto a recoleción debe dejarse en mans de personas que entendan.

Tanto o rizoma como a raíz conteñen principios activos de sabor francamente amargo.

Un deles, que más ben é unha mezcla de varios compostos, é a mandragorina.

Tamén contén alcaloides típicos en moitas solanáceas, como son a hiosciamina, a escopolamina, metilesculetina e a atropina.

Ademáis destas sustancias aparecen moitas outras, aunque non están ben definidas.

En cuanto ás virtudes desta planta, poco cabe dicir mais que son as mesmas cas do beleño e a belladona, máis ou menos modificadas.

En mediciña popular non debe usarse nunca, pois a súa elevada toxicidad podería acarrar máis dun disgusto.

Manuel, Sergio e Jacobo

dende ACOTAMOS O NOSO TEMA: Sóache a mandrágora?

O olixisto

Martes, Marzo 9th, 2010

kaamanho1bA hematita (do grego haimatites que significa sangue; e tamén chamada olixisto) é un mineral da clase dos óxidos

O Ornitorrinco

Xoves, Febreiro 25th, 2010

Nome común: Ornitorrinco                                                                      ornitorrinco

Nome científico: Ornithorhynchus anatinus

Bioloxía: O ornitorrinco é un mamífero semiacuático que habita no este de Australia e na illa de Tasmania. É o único mamífero a parte do equidna que pon ovos, é dicir, ovíparo. Este conxunto de animais denomínanse monotremas. É un mamífero moi extraño; ten peteiro de parrulo, cola de castor e patas de lontra. As patas dos machos teñen un pequeno espolón venenoso que libera unha substancia capaz de producir unha dor moi forte nos humanos. Normalmente pesan entre 0’7 e 2’4 quilogramos e miden 50 centímetros de media os machos e 43 centímetros de media as femias.

Taxonomía: Cando os naturalistas europeos o descubriron, chegaron a pensar que era unha elaborada falsificación. Foi descuberto polos europeos en 1798.

Etimoloxía: O nome científico fórmase con Ornithorhynchus, que deriva da palabra grega ornithorhynkhos, que significa literalmente “fouciño de paxaro”, e anatinus, que significa “semellante a un parrulo”. O nome común en español provén tamén da palabra grega ornithorhynkhos.

Fonte: http://es.wikipedia.org/wiki/Ornithorhynchus_anatinus

Iago Sánchez Rial, coa axuda de Álvaro Fernández Prieto

Glosario

Sábado, Decembro 19th, 2009

 

 

  • Asteroides- grandes formacións de rochas que orbitan no espazo, cando un asteroide impacta contra un planeta chámaselle meteorito.
  • Constelaciónsdebuxos que a imaxinación humana formou agrupando as estrelas do firmamento.
  • Planeta- astros de forma esférica que xiran ao redor do Sol q que “limparon” as inmediacións da súa órbita doutros astros, asteroides, etc., pola atracción gravitatoria.
  • Sol-inmensa esfera de gases incandescente.Cometa- formacións de rochas e xeo( de auga e outras substancias) que teñen una orbita maior ca os demáis astros.
  • Estrelas- “soles” moi afastados; é dicir , enormes esferas de gas illadas no espazo, que producen enerxía no seu interior.
  • Ananas brancas- estrelas “mortas” arrefríadas ao ser medianas ou pequenas.
  • Galaxias- agrupacións de estrelas e nubes de gas e po.
  • Universo- é o conxunto do espazo, materia e enerxía accesible á nosa observación.
  • Lúa- satélite da Terra, foi o primer astro visto polo ser humano
  • Eclipse- fenómeno polo cal un astro queda oculto, total ou parcialmente, de forma temporal por intersección doutro
  • Mareas- variacións periódicas do nivel das augas dos océanos por efecto dos movementos e atraccións da Terra.
  • Translación- movemento dos planetas que grazas a el temos as estacións
  • Rotación- movemento dos plantas que equivale aos días e as noites.
  • atmosdferaAtmosfera- envoltura de gases máis externa e lixeira do planeta.
  • Hidrosfera- está constituída por todas as augas da Terra.
  • Xeosfera- capa solida da Terra , divídese en codia, manto e núcleo.
  • Biosfera- está constituida por todos os seres vivos do planeta.
  • Recursos renovables- son os que se consomen cunha rapidez igual ou inferior á da súa rexeneración.
  • recursosRecuros non renovables- son os que se consomen cunha rapidez maior que a da súa formación.

 

 

Iago Ferrás García PRIMEIRO A

Quecemento global

Sábado, Decembro 19th, 2009

O quentamento global (ás veces, pero incorrectamente, quecemento global) é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quentamento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A denominación “quentamento global” xeralmente implica a actividade humana. Unha denominación máis neutral, cambio climático, utilízase normalmente para designar calquera cambio no clima, sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces se emprega o termo cambio climático antropoxénico.

Frecuentemente a discusión se centra na temperatura, pero o quentamento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veránse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

O corpo multigobernamental e científico encargado da súa análise global é o IPCC (siglas en inglés do Inter-Governmental Panel on Climate Change ou Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático). Unha das súas liñas de acción máis visibles é o Protocolo de Kyoto, que promove unha redución de emisións contaminantes (principalmente gases de invernadoiro ) por parte dos países industrializados.

Aurora Boreal

Venres, Decembro 4th, 2009
 

Meteoro luminoso que se observa cerca dos polos magnéticos, producido polas partículas cargadas eléctricamente que proceden das erupcións solares.