Archive for the ‘vida’ Category

O GOLFIÑO COMÚN

Luns, Maio 24th, 2010

O golfiño común oceánico ou de aletas curtas (Delphinus delphis) é unha especie de cetáceo odontoceto da familiaDelphinidae, propia de augas tropicais e subtropicais. Ata a década de 1990, críase que era a única especie deste xéneroos ou delfíns son mamíferos cetáceos pertencentes á familia Delphinidae.

É un golfiño delgado, cun fuciño máis curto có golfiño común costeiro (Delphinus capensis).

É practicamente da mesma cor có Delphinus capensis: zona dorsal con tonalidade gris escura. A zona ventral branca; lateralmente presenta zonas de cor gris clara, dende a testa até a cola. Mide ata 2,4 m de lonxitude, pesando ata os  110 kg.  (Isa e David)

OUREGO

Luns, Maio 24th, 2010
Ourego
ChristianBauer flowering oregano.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Xénero: Origanum
Nome científico
Origanum vulgare

O ourego (Origanum vulgare) é unha planta labiada orixinaria de Europa, rexión mediterránea e Asia central e do sur. É unha herba perenne que chega a medir de 20 a 80 cm de alto, con follas opostas que miden 2 a 4 cm. de longo. As flores son brancas ou purpúreas, nacen en inflorescencias terminais moi ramificadas, estan protexidas por folliñas moi pequenas de cor vermello e miden 3-4 mm. O seu nome deriva do grego origanon (ὀρίγανον), de oros (ὄρος), “montaña” + o verbo ganousthai (γανοῦσθαι) “deleitarse con”.

A planta posúe unhas glándulas pequenas que conteñen a esencia aromática, de cor amarelo limón composta por un estearopteno e dous tipos de fenois, un deles o carvacrol. As raíces conteñen estaquiosa e os talos substancias tánicas. O ourego e unha herba moi importante na cociña, particularmente na zona mediterránea. A parte usada na cociña son as follas, sendo as secas máis aromáticas cas verdes.

Propiedades medicinais

O ourego destaca polas súas propiedades medicinais, sendo as máis importantes as súa actividade antioxidante, antimicrobiana e, en estudos bastante primarios, antitumoral, tamén é considerada tónica e dixestiva

A avestruz, a ave que non voa

Sábado, Maio 15th, 2010

A avestruz é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, e está considerada a ave máis grande do planeta. Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.avestruz

É orixinaria de África, vive nas chairas abertas, formando grupos nas sabanas e nos desertos, onde a súa altura lle permite avistar aos posíbeis depredadores que a poidan atacar. Pode coller velocidades de máis de 70 quilómetros por hora e se se atopa apresada ataca coas patas e usa as poutas, como paxaro que é, como arma de defensa.

Aniña no chan e os seus ovos son os de maior volume de tódalas aves, poden medir vinte centímetros de longo. Cada femia pon até doce ovos e varias no mesmo niño. Cando os ovos se abren, o macho faise cargo das crías, podendo reunir crías de diferentes femias. No seu medio natural aliméntanse sobre todo de sementes e de froitas, mais domesticadas comen practicamente de todo.

Tamén hai outras grandes aves que nas anteriores clasificaciones eran incluídas entre as corredoras fóra do continente africano: o ñandú é a maior de Sudamérica; o casuario e o emú, os maiores de Australasia. No Madagascar extinguiuse en 1700 a ave elefante ou dinornis, algo máis baixa que unha moa, tamén extinta, pero máis pesada.

Os bivalvos

Xoves, Maio 6th, 2010

Os Bivalvos son unha clase de moluscos mariños, de auga salobre ou auga doce e que viven tamén en arroios, estanques e lagos. Este grupo tamén tivo outros nomes no pasado como: Acephala (acéfalos sen cabeza), Pelecypoda (Pelecípodos, pé en forma de machado) e Lamellibranchia.

Entre os animais que forman parte dos bivalvos atopamos as ostras, mexillóns, zamburiñas, ameixas, navallas, berberechos, etc. No grupo hai unha gran variación de tamaño dende algunhas cunchas que miden entre 1 a 2 mm ata individuos xigantes como algunhas especies do xénero Tridacna que poden acadar máis de 1 metro de lonxitude e ate 225 Kg de peso [2].

A meirande parte dos bivalvos son filtradores e sedentarios e polo tanto dependen das correntes ciliares producidas polas branquias para conseguir alimento. A diferencia doutros grupos como os cefalópodos non teñen unha verdadeira cabeza, carecen de rádula, e teñen moi pouca cefalización. Teñen o corpo comprimido lateralmente e un manto que ten no seu interior as vísceras, pero a súa principal característica é a de posuír dúas valvas.

Existen arredor de 30.000 especies da clase Bivalvia [3] moitas das cales son comestibles e representan un valioso recurso económico en moitas rexións do mundo como é o caso de Galiza. O seu papel de filtradores tamén contribúe á eliminación de bacterias nas augas contaminadas.

Os artrópodos

Xoves, Maio 6th, 2010

Os artrópodos (Filo Arthropoda) son o maior grupo de animais existente no mundo e inclúen os insectos, aracnídeos, crustáceos e outras formas semellantes. Describíronse cientificamente máis de un millón de especies de artrópodos (máis de 890.000 especies apenas, segundo outros autores), ou sexa, máis de 4/5 de todas as especies existentes, desde formas microscópicas do plancto, con menos de un cuarto de milímetro, ata animais de grandes dimensións. O nome vén do grego arthros, articulación e podos, pés, ou sexa pés articulados, que os caracterizan.

Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no ar. Existen aínda moitas formas parasitas e simbióticas. Hai rexistos fósiles de artrópodos desde o período Cambriano.

Especies ameazadas

Luns, Maio 3rd, 2010

Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.

Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa exploración económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura con preservación da cobertura vexetal e por tanto da diversidade da flora e da fauna.

No Brasil a lexislación ten feito alguns avances nos últimos anos, aínda que na práctica a falta de fiscalización e a impunidade dos infractores implique en que non sexa respectada.

O estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continue a existir. Os factores usados nesta clasificación incluen a amplitude de distribución da especie, o nivel de ameaza a que está suxeita, a variación do tamaño da poboación, e outros.

Entre as clasificacións do estado de conservación das especies animais e vexetais, a Lista Vermella da UICN é a máis coñecida.

A UICN usa as seguintes categorias:

  • Extinta EX: o último representante de especie xa morreu, ou suponse que teña morrido. Exemplo: Dodo.
  • Extinta na natureza EW: existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: Dromedario.
  • Crítica ou criticamente ameazada CR: sofre risco extremamente alto de extinción nun futuro próximo.
  • En perigo EN: sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo.
  • Vulnerábel VU: sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplos: Guepardo, Camelo da Bactria
  • Case ameazada NT: aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
  • Segura ou pouco preocupante LC: non sofre ameaza inmediata a súa sobrevivencia.

Mamíferos ameazados

Aves ameazadas

Réptiles ameazados

Bicudodragón de Komodobalea azul

elefante asiático

wikipedia

ARTRÓPODOS

Luns, Maio 3rd, 2010

Os artrópodos (Arthropoda, do grego αρθρον, arthron, “articulación” e πούς, pous, “pé”) constitúen o filo máis numeroso e diverso do reino animal (Animalia). Inclúe, entre outros, insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos.

Hai case 1.200.000 especies descritas, na súa maioría insectos (un millón), [1] [2] que representan polo menos o 80% de todas as especies animais coñecidas. Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos. A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirablemente eficaz.

Biodiversidade

Luns, Abril 26th, 2010

Biodiversidade (neoloxismo do inglés Biodiversity, á súa vez do grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), tamén chamada diversidade biolóxica, é o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que conforma, resultado de miles de millóns de anos de Evolución segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade abrangue igualmente a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a combinación de múltiples formas de vida, e cuxas mutuas interaccións e co resto da contorna, fundamentan o sustento da vida sobre o planeta. O termo popularizouse logo da Conferencia Internacional de Río de Xaneiro de 1992 na que numerosos Estados asinaron a Convención sobre a diversidade biolóxica.

Non se sabe con certeza o número total de diferentes especies existentes. Crese que pode haber máis de 30 millóns, se ben só se coñecen e se clasificaron algo máis de 2 millóns. A biodiversidade non está repartida por igual en todo o mundo. Os hábitats con maior diversidade son os bosques tropicais e os arrecifes de coral, onde se calcula que viven máis da metade de especies da Terra. (Manuel e Sergio)

lince

Microscopios

Sábado, Abril 3rd, 2010

microscopio (das palabras gregas micro-, μικρο, pequeno, e scopio, σκοπεω, observar) é un aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas, demasiado pequenas para ser observadas a simple vista, como as células.

O tipo máis común, e o primeiro en ser inventado, foi o microscopio óptico. Trátase dun instrumento óptico que contén unha o varias lentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por refracción.

A ciencia que investiga os obxectos pequenos empregando este instrumento recibe o nome de microscopia.

Crese que o microscopio foi inventado en 1590 por Hans Lassen e o seu pai Zacharias, dous holandeses fabricantes de óculos. Todo indica, porén, que o primeiro en facer observacións microscópicas de materiais biolóxicos foi o holandés Antonie Van Leewenhokee ( 1632 –  1723).

Os microscopios de Leeuwenhoek eran dotados dunha única lente, pequena e case esférica. Neses aparellos el observou polo miúdo diversos tipos de material biolóxico, como embrións de plantas, os glóbulos vermellos do sangue e os espermatozoides presentes no seme dos animais. Foi tamén Leeuwenhoek quen descubriu a existencia dos microbios, como eran antigamente chamados os seres microscópicos, hoxe coñecidos como microorganismos. Trátase dun instrumento que contén unha o varias lentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por refracción.

Microscopio óptico. 1-Ocular; 2-Revólver; 3-Obxectivo; 4-Parafuso macrométrico; 5-Parafuso micrométrico; 6-Platina; 7-Espello; 8-Condensador

Microscopio óptico. 1-Ocular; 2-Revólver; 3-Obxectivo; 4-Parafuso macrométrico; 5-Parafuso micrométrico; 6-Platina; 7-Espello; 8-Condensador

A célula procariota

Venres, Abril 2nd, 2010


imagen