EXPERI-MENTA

Fundamento

Das dúas capas fluídas que envolven a Terra, a atmosfera é a máis externa. Está formada por aire e por partículas en suspensión. O aire é unha mestura de varios gases, que se atopa en distinta proporción.

EXPERIMENTO A: PRESIÓN NOS FLUÍDOS E ATMOSFERA

Algunha vez que te mergullaches na auga terás observado a presión que esta exerce sobre o teu corpo. Isto

é debido a que en calquera punto situado no interior dun líquido en repouso existe unha presión chamada

presión hidrostática, debida ao peso do líquido situado por riba dese punto.

A masa de aire que rodea a Terra exerce unha forza sobre toda superficie dos corpos; isto é a presión atmosférica.

Hipótese: Se poñemos un vaso con auga boca abaixo tapado cun papel a auga manterase sen caer? Si non? Por que?

vaso

Material:

Vaso

Auga

Cadrado papel/plástico

Procedemento

  • Enche o vaso con auga. Coloca o papel/cartón enriba totalmente plano. Enriba do escurridoiro, dun xiro rápido, dalle a volta. Retira a man e observa o que sucede.

CONCLUSIÓN

1.- Por que se mantén un tempo o papel impedindo que caia a auga.? Da unha explicación razoada.

SIMULA A ERUPCIÓN DUN VOLCAN VOLCÁN

!! volcan

PARA ISO, COLLEDE ADEMÁIS BICARBONATO, VINAGRE E UN POUCO DE COLORANTE.

SE QUEREDES REALIZAR TAMÉN VÓS O EXPERIMENTO  NA CASA COA VOSA FAMILIA, BOTADE NUN RECIPIENTE COLOCADO DENTRO DO VOLCÁN O BICARBONATO.

MESTURÁDELLE O COLORANTE, E PREPARÁDEVOS A ASISTIR A UNHA ERUPCIÓN VOLCÁNICA TAN PRONTO DERRAMEDES DO SEU INTERIOR O VINAGRE

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.