Os bivalvos

Maio 6th, 2010

Os Bivalvos son unha clase de moluscos mariños, de auga salobre ou auga doce e que viven tamén en arroios, estanques e lagos. Este grupo tamén tivo outros nomes no pasado como: Acephala (acéfalos sen cabeza), Pelecypoda (Pelecípodos, pé en forma de machado) e Lamellibranchia.

Entre os animais que forman parte dos bivalvos atopamos as ostras, mexillóns, zamburiñas, ameixas, navallas, berberechos, etc. No grupo hai unha gran variación de tamaño dende algunhas cunchas que miden entre 1 a 2 mm ata individuos xigantes como algunhas especies do xénero Tridacna que poden acadar máis de 1 metro de lonxitude e ate 225 Kg de peso [2].

A meirande parte dos bivalvos son filtradores e sedentarios e polo tanto dependen das correntes ciliares producidas polas branquias para conseguir alimento. A diferencia doutros grupos como os cefalópodos non teñen unha verdadeira cabeza, carecen de rádula, e teñen moi pouca cefalización. Teñen o corpo comprimido lateralmente e un manto que ten no seu interior as vísceras, pero a súa principal característica é a de posuír dúas valvas.

Existen arredor de 30.000 especies da clase Bivalvia [3] moitas das cales son comestibles e representan un valioso recurso económico en moitas rexións do mundo como é o caso de Galiza. O seu papel de filtradores tamén contribúe á eliminación de bacterias nas augas contaminadas.

Os artrópodos

Maio 6th, 2010

Os artrópodos (Filo Arthropoda) son o maior grupo de animais existente no mundo e inclúen os insectos, aracnídeos, crustáceos e outras formas semellantes. Describíronse cientificamente máis de un millón de especies de artrópodos (máis de 890.000 especies apenas, segundo outros autores), ou sexa, máis de 4/5 de todas as especies existentes, desde formas microscópicas do plancto, con menos de un cuarto de milímetro, ata animais de grandes dimensións. O nome vén do grego arthros, articulación e podos, pés, ou sexa pés articulados, que os caracterizan.

Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no ar. Existen aínda moitas formas parasitas e simbióticas. Hai rexistos fósiles de artrópodos desde o período Cambriano.

MOLUSCOS

Maio 6th, 2010

Os moluscos (Mollusca, do latín molluscus, “brando”) forman un dos grandes filums do reino animal. Son invertebrados protóstomos celomados, triblásticos con simetría bilateral (aínda que algúns poden ter unha asimetría secundaria) e non segmentados, de corpo brando, espido ou protexido por unha cuncha. Os moluscos son os invertebrados máis numerosos despois dos artrópodos, e inclúen formas tan coñecidas como as ameixas, ostras, luras, polbos, lesmas e unha gran diversidade de caracois, tanto mariños coma terrestres.

Calcúlase que pode existir preto 100.000 especies viventes, e 35.000 especies extintas, xa que os moluscos teñen unha longa historia xeolóxica, que se remonta ao Precámbrico ata o recente. Os moluscos colonizan practicamente todos os ambientes, desde as grandes alturas a máis de 3.000 m sobre o nivel do mar ata profundidades oceánicas de máis de 5.000 m de profundidade, nas augas polares ou tropicais e adoitan ser elementos comúns dos litorais de todo o mundo.

Son animais de corpo brando (divididos en cabeza, masa visceral e pé) con tres características únicas no reino animal polas que se identifican:

Un pé muscular.
Unha cuncha calcaria secretada por un integumento subxacente chamado manto, por veces ausente.
Un órgano de alimentación chamado rádula (formada por ringleiras de dentes quitinosos curvos).
O interese do home nos moluscos é enorme. Os moluscos son unha importante fonte de alimentación para a especie humana. Ademais, numerosas enfermidades parasitarias tanto humanas como veterinarias son transmitidas polos moluscos, que actúan como hospedador intermediario, sobre todo de platelmintos trematodos.

A Malacología é a rama da Zooloxía que estuda os moluscos. Neste sentido tense que durante os séculos XVIII e XIX elaboráronse importantes coleccións malacológicas e conchológicas tanto de de prestixiosas institucións como museos e academias de ciencias como colecciones privadas, aínda hoxe en día o coleccionar conchas de moluscos é un dos principais pasatempos de moitas persoas en todo o mundo. Debido a esta afección os moluscos son uns dos grupos zoolóxicos mellores estudados despois dos vertebrados.

OS MOLUSCOS

Maio 6th, 2010

Os moluscos constitúen un dos grupos mariños que máis cantidade de especies agrupa. Os seus representantes teñen o corpo brando e, orixinalmente, todos presentan unha cuncha calcárea, que hoxe en dia perdeuse ou reduciu o seu tamaño na maior parte dos casos.

Neste tipo aparece una terceira capa celular que delimita un tubo que une a boca y o ano: o celoma. A parede ventral do corpo soe estar especializada como un pe muscular.

A parede dorsal do corpo forma dous pliegues que contieñen as branquias ou pulmóns e que segregan a concha.

Todos teñen órganos sensoriais do tacto, olfacto, gusto, equilibrio, mentras que a vista so está presente en algunhos e está especialmente desenrolada nos cefalópodos.

A biodiversidade

Maio 6th, 2010

Biodiversidade (neoloxismo do inglés Biodiversity, á súa vez do  grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), tamén chamada diversidade biolóxica, é o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que conforma, resultado de miles de millóns de anos de Evolución  segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade abrangue igualmente a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a  combinación de múltiples formas de vida, e cuxas mutuas interaccións e co resto da contorna, fundamentan o sustento da vida sobre o planeta. O termo popularizouse logo da Conferencia Internacional de Río de Xaneiro de 1992 na que numerosos Estados asinaron a Convención sobre a diversidade biolóxica.

Non se sabe con certeza o número total de diferentes especies existentes. Crese que pode haber máis de 30 millóns, se ben só se coñecen e se clasificaron algo máis de 2 millóns. A biodiversidade non está repartida por igual en todo o mundo. Os hábitats con maior diversidade son os bosques tropicais e os arrecifes de coral, onde se calcula que viven máis da metade de especies da Terra.

Wikipedia enciclopedia libre.

A contaminación un dos principais problemas da perda de biodiversidade

Maio 3rd, 2010

A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.

En función do medio afectado distínguese:

  • Contaminación atmosférica. Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
  • Contaminación do medio hídrico. Presenza de contaminantes na agua (río ou mar). Os contaminantes principais son os verquidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e aguas servidas (saneamento de poboacións).
  • Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verquidos ilegais), verquido de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades ganadeiras.

En función da natureza do contaminante distiínquese:

Porto de Ribeira. Ano 2005

  • Contaminación química: Calquera das comentadas nos apartados anteriores. Un determinado composto químico introdúcese no medio.
  • Contaminación térmica: Emisión de fluídos a elevada temperatura; pódese producir en cursos de agua. O incremento da temperatura do medio diminúe a solubilidade do osíxeno na auga.
  • Contaminación acústica: A debida ó ruído provocado polas actividades industriais, sociais e do transporte, que pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio, etc.
  • Contaminación lumínica: Brillo ou resplandor de luz no ceo nocturno producido pola reflexión e a difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire polo uso de luminarias ou excesos de iluminación, así como a intrusión de luz ou de determinadas lonxitudes de onda do espectro en lugares non desexados.
  • Contaminación ou impacto visual: Xeralmente de instalacións industriais, edificios e infraestruturas, consistente no afeamento do medio.

En función da extensión da fonte distínguese:

  • Contaminación puntual: Cando a fonte se localiza nun punto. Por exemplo, as chemineas dunha fábrica ou un sumidoiro.
  • Cotaminación lineal: A que se produce ó longo dunha liña. Por exemplo a contaminación acústica e química polo tráfico dunha autopista.
  • Contaminación difusa: A que se produce cando o contaminante chega ó ambiente de forma distribuída, non localizada. A contaminación de solos e acuíferos polos fertilizantes e pesticidas empregados na agricultura é deste tipo. Tamén é difusa a contaminación dos sollos cando a chuvia arrastra ata alí contaminantes atmosféricos, como pasa coa chuvia ácida.

REINO DOS PROTOCTISTAS

Maio 3rd, 2010

Paramecium aurelia, un ciliado.

O reino Protista, tamén chamado Protoctista, é aquel que contén a todos aqueles organismos eucariontes que non poden clasificarse dentro dalgún dos outros tres reinos eucarióticos: Fungi (fungos), Animalia (animais en sentido estrito) ou Plantae (plantas). Na árbore filoxenética dos organismos eucariontes, os protistas forman varios grupos monofiléticos separados, ou inclúen membros que están estreitamente emparentados con algún dos tres reinos citados.

Desígnaselles con nomes que perderon valor na ciencia biolóxica, pero cuxo uso é imposible desterrar, como «algas» ou «protozoos».

ISIDRO E CARLOS 1ºC

REINOS

Maio 3rd, 2010

En bioloxía , reino é cada unha das grandes subdivisiónes en que se consideran distribuído-los seres naturales, por razón dos seus caracteres comúns.

Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na natureza en base ás diferencias entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» (James Trefil, 1001 cosas que todo el mundo debería saber sobre ciencia). Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.

A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:

Haeckel (1894)
Tres reinos
Whittaker (1959)&sup1
Cinco reinos
Woese (1977)
Seis reinos
Woese (1990)
Tres dominios
Protista Monera Eubacteria Bacteria
Archaebacteria Archaea
Protista Protista Eukarya
Plantae Fungi Fungi
Plantae Plantae
Animalia Animalia Animalia

Especies ameazadas

Maio 3rd, 2010

Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.

Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa exploración económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura con preservación da cobertura vexetal e por tanto da diversidade da flora e da fauna.

No Brasil a lexislación ten feito alguns avances nos últimos anos, aínda que na práctica a falta de fiscalización e a impunidade dos infractores implique en que non sexa respectada.

O estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continue a existir. Os factores usados nesta clasificación incluen a amplitude de distribución da especie, o nivel de ameaza a que está suxeita, a variación do tamaño da poboación, e outros.

Entre as clasificacións do estado de conservación das especies animais e vexetais, a Lista Vermella da UICN é a máis coñecida.

A UICN usa as seguintes categorias:

  • Extinta EX: o último representante de especie xa morreu, ou suponse que teña morrido. Exemplo: Dodo.
  • Extinta na natureza EW: existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: Dromedario.
  • Crítica ou criticamente ameazada CR: sofre risco extremamente alto de extinción nun futuro próximo.
  • En perigo EN: sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo.
  • Vulnerábel VU: sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplos: Guepardo, Camelo da Bactria
  • Case ameazada NT: aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
  • Segura ou pouco preocupante LC: non sofre ameaza inmediata a súa sobrevivencia.

Mamíferos ameazados

Aves ameazadas

Réptiles ameazados

Bicudodragón de Komodobalea azul

elefante asiático

wikipedia

ARTRÓPODOS

Maio 3rd, 2010

Os artrópodos (Arthropoda, do grego αρθρον, arthron, “articulación” e πούς, pous, “pé”) constitúen o filo máis numeroso e diverso do reino animal (Animalia). Inclúe, entre outros, insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos.

Hai case 1.200.000 especies descritas, na súa maioría insectos (un millón), [1] [2] que representan polo menos o 80% de todas as especies animais coñecidas. Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos. A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirablemente eficaz.