Os gasterópodos

Maio 3rd, 2010

Os Gasterópodos son un grupo de animais pertencentes ao filo dos moluscos que xurdiron a comezos do cámbrico e que hoxe están estendidos por tódolos continentes e océanos ocupando tamén charcas, correntes de auga doce e lugares onde hai unha cantidade suficiente de humidade.

Este filo conten cerca dunhas 15.000 especies fósiles e arredor de 40.000 especies vivas das cales as máis coñecidas son: as bucinas, as lapas, as lesmas, as patelas, os caracois, as lebres de mar, os caramuxos, as peneiras, as costureiras, os corniños e os nudibranquios.

Os gasterópodos presentan simetría bilateral, pero na fase de larva velixer estes animais sofren unha torsión e a súa masa visceral convertese en asimétrica. O tamaño dos membros deste grupo é moi variable xa que vai dende formas microscópicas ate especies de gran tamaño como Pleuroploca gigantea duns 60 centímetros de longo, ou algúns dos individuos do xénero Aplysia que poden chegar a acadar 1 metro de lonxitude. A meirande parte dos gasterópodos miden entre 1 e 8 cm de lonxitude, e existen fósiles que acadan os 2 metros de longo.

Presentan cefalización cunha verdadeira cabeza, un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal, polo miúdo polícroma que pode reducirse ou ate perderse nos gasterópodos máis evolucionados.

Os kiwis

Maio 3rd, 2010

Son pequenas aves nocturnas que non teñen ás e polo tanto, non poden voar. Aliméntanse de pequenos insectos como as lombrices que encontran baixo a terra e que recollen co seu longo peteiro. Tamén comen froita, pequenos cangarexos de río ou anfibios e anguilas. Habitan en Nova Zelanda.

Divídense en subespecies:

-Apterix owenii
Apterix haastii
Apterix australis
-Apterix rowi
Apterix mantelli

Os 5 reinos

Abril 28th, 2010

O reino das moneras : agrupa organismos cuxas células amosan organización procariota.Son  unicelulares e as veces forman colonias.

O reino dos protoctistas : son organísmos eucariotas, unicelulares ou pluricelulares, son moi    sinxelos e nunca chegan a ter tecidos.

Os fósiles

Abril 26th, 2010

Fósil (do latín fossus, “desenterrado”) é calquera resto dun ser vivo que habitou no pasado ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou á conservación nas rochas.Na mineralización, os átomos de carbono da materia orgánica son substituídos por átomos doutros elementos ao estar o organismo soterrado. Isto permite que cheguen ata a actualidade os restos dun organismo, completo ou incompleto, que viviu noutras épocas xeolóxicas.

A totalidade dos fósiles e a súa localizacións en formacións rochosas fosilíferas (que conteñen fósiles) e estratos sedimentarios coñécese como rexistro fósil. O estudo dos fósiles coñécese como paleontoloxía.

Os fósiles normalmente consisten nos restos desarticulados ou parcialmente preservados dun organismo. Porén, os fósiles poden consistir tamén nas marcas deixadas polo organismo cando ainda vivía, como pegadas ou feces. Estes tipos de fósil chámanse ichnofósiles. Por último, a vida do pasado deixa algúns marcadores que non poden ser vistos, mais si detectados na forma de sinais químicos; estes coñécense como fósiles químicos ou biomarcadores.                                                                                                                                                           Exemplo de fósil.

A fosilización fai que toda materia orgánica, degradable, se convirta en mineral e poida estabilizarse quimica e fisicamente.

Os fósiles agrúpanse en tres grandes grupos:

  • Os restos de partes duras, como son os esqueletos externos ou internos, a dentadura, as cubertas, etc., son fósiles moi comúns. Exemplos son as cunchas de moluscos ou os ósos dalgúns vertebrados.
  • Os modelos corporais son pegadas do corpo dun ser vivo que se conservaron mineralizadas. Poden ser moldes internos (como o que queda cando se petrifica o barro que penetra na cunha baleira dun molusco) ou molde externos.
  • As pegadas da actividade son un conxunto moi variado de fósiles, que mostran probas da actividade biolóxica. Exemplos son os fósiles de excrementos (coprólitos) de dinosauros, as pistas de reptación de invertebrados, as pegadas das pisadas de dinosauros e aves, etc.                                                                      

OS ORGANISMOS PLURICELULARES

Abril 26th, 2010

Un organismo pluricelular ou multicelular é aquel que está constituído por máis dunha célula as cales están diferenciadas para realizar funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares (protistas e bacterias, entre moitos outros) que reúnen todas súas as funcións vitais nunha única célula.

Un grupo de células diferenciadas de maneira similar que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Porén, nalgúns organismos unicelulares, como as mixobacterias, encóntranse células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se encontra tipicamente en organismos pluricelulares.

Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexerar o organismo enteiro a partir de células xermolalles, obxecto de estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo estúdao a anatomía.

Os organismos pluricelulares poden sufrir cancro, cando falla a regulación do crecemento das células dentro do marco de desenvolvemento normal.

TORMENTAS ELÉCTRICAS

Abril 26th, 2010

-Que é unha tormenta?

-É un fenómeno metereolóxico debido a unha ou máis masas de aire a diferentes temperaturas

Que fenómenos pode producir?

-Chuvia, neve, saraiba, ventos, raios…

Como se forman?

-Prodúcense cun centro de baixa presión que se desenrola nun sistema de altas presións

Como sei a que distancia está a tormenta?

-Contas os segundos que pasan dende que ves o raio ata que escoites o trono e multipícalo por 340 (darache a distancia á que caeu en metros)

As áreas mariñas protexidas

Abril 26th, 2010

Ata hai relativamente pouco non se comprendeu que o medio mariño precisa, do mesmo xeito que o terrestre, de figuras de protección axeitadas. O fin é impedir a degradación dos ecosistemas mariños provocada polo ser humano, como consecuencia principalmente da sobreexplotación, e permitir a súa recuperación.

Actualmente en España non existe unha lei específica en materia de protección, o que motiva a aparición de múltiples figuras legais, ás veces superpostas.

Son diversas as evidencias de efectos positivos que xeraron as distintas reservas mariñas creadas en España desde 1986, cando se estableceu a primeira na Isla de Tabarca (Alicante). Desde entón, o número de reservas en España no fixo mais que medrar. A pesar do cal, a xuízo dos expertos, o seu número resulta aínda insuficiente.

As AMP establecidas engloban zonas que pola súa importancia bioxeográfica e ecolóxica non están o suficientemente protexidas. As zonas máis sensibles á actividade humana son prioritarias. (Elena e Sara)

Ver a imaxe a tamaño completo

A PERDA DA BIODIVERSIDADE

Abril 26th, 2010

Cada día que pasa extínguense especies enteiras de seres vivos. Esta desaparición acentuouse nos últimos anos, debido a diferentes causas, entre as que destacan:

  • Destrución e fragmentación de hábitats, especialmente bosques e ecosistemas acuáticos, debido a incendios forestais, deforestación con fins madeireiros, construción de vías de comunicación, encoros, etc.
  • Contaminación de augas, solos e atmosfera, producida polo desenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Un dos seus efectos máis importantes é o cambio climático.
  • Caza incontrolada. A caza regrada e vixiada non ten por que causar danos ,pero a caza e a pesca abusiva exterminan especies ameazadas.
  • Introdución de especies exóticas fóra da súa área de distribución, o que pon en perigo as especies autóctonas. A venda de certos animais de compañía que se poñen de moda en determinados momentos, o coleccionismo de animais, e o comercio ilegal de especies protexidas supoñen unha gran perda de biodiversidade.
  • ISIDRO E CARLOS 1ºC

Biodiversidade

Abril 26th, 2010

Biodiversidade (neoloxismo do inglés Biodiversity, á súa vez do grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), tamén chamada diversidade biolóxica, é o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que conforma, resultado de miles de millóns de anos de Evolución segundo procesos naturais e tamén, da influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade abrangue igualmente a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a combinación de múltiples formas de vida, e cuxas mutuas interaccións e co resto da contorna, fundamentan o sustento da vida sobre o planeta. O termo popularizouse logo da Conferencia Internacional de Río de Xaneiro de 1992 na que numerosos Estados asinaron a Convención sobre a diversidade biolóxica.

Non se sabe con certeza o número total de diferentes especies existentes. Crese que pode haber máis de 30 millóns, se ben só se coñecen e se clasificaron algo máis de 2 millóns. A biodiversidade non está repartida por igual en todo o mundo. Os hábitats con maior diversidade son os bosques tropicais e os arrecifes de coral, onde se calcula que viven máis da metade de especies da Terra. (Manuel e Sergio)

lince

A CALCITA

Abril 26th, 2010

A calcita é un mineral do grupo dos Carbonatos, grupo V/B da clasificación de Strunz. Ás veces úsase como sinónima calcaria, aínda que é incorrecto pois esta é unha rocha máis que un mineral. O seu nome vén do latín Calx, que significa cal vivo. É o mineral máis estable que existe de carbonato de calcio, fronte aos outros dous polimorfos coa mesma fórmula química aínda que distinta estrutura cristalina: o aragonito e a vaterita, máis inestables e solubles.

Algúns hábitos da calcita son moi comúns e teñen unha ampla distribución por todo o planeta, calcúlase que aproximadamente o 4% en peso da cortiza terrestre é de calcita.

Presenta unha variedade enorme de formas e cores. Caracterízase pola súa relativamente baixa dureza (3 na escala de Mohs) e pola súa elevada reactividade inclusa con acedos febles, tales como o vinagre, ademais da mencionada prominente división en moitas variedades – describíronse centos – segundo as impurezas de ións metálicos que pode levar.

A mellor propiedade para identificar á calcita é o test do acedo, pois este mineral sempre produce efervescencia cos acedos. Pode empregarse como criterio para coñecer se o cemento de rochas areentas e conglomerados é de calcita.