Archaeopteryx, o paxaro xurásico

Abril 26th, 2010

Os espécimes de arqueópterix son relevantes debido á súa morfoloxía transicional e a presenza de plumas ben desenvoltas. As súas características permiten convertelo no modelo máis claro para estudar a transición entre dinosaurios e aves. Medían tan só 35 cm, un tamaño semellante ao do corvo, moi pequeno comparado co rango usual dos dinosauros non avianos. Parécese basicamente a un dinosauro terópodo, e presenta trazos propios deste grupo: unha longa cola ósea, presenza de poutas nos dedos e de dentes nas mandíbulas. Non se sabe con certeza se podían bater as ás con forza e realizar un voo completo, ou só un planeo. Descoñécese a cor das súas plumas. A á é, en esencia, moi semellante á dun paxaro moderno, xa que as súas plumas eran altamente asimétricas, e as da súa cola eran moi grosas.

Os arqueópterix representan os principais fósiles dos xacementos de Solnhofen (Alemaña). Os primeiros atopáronse en 1861 e dende entón apareceron un diverso número de achádegos, dez en total (até 1988), aínda que algúns deles son moi incompletos. Algúns dos especimes foron inicialmente clasificados como terópodos, ata que se observou neles a presenza de plumas. O primeiro que se achou consiste unicamente dunha pluma e non se sabe con seguridade se pertence ao mesmo xénero que o resto. Outros especimes, como o de Berlín, preservan o esquelete case completo e impresións moi detalladas das plumas das ás e do resto do corpo. Conserváronse en pedras calcarias que se empregaban para placas de impresión. A pedra depositouse nunha lagoa cálida e conservou nun gran estado unha gran variedade de fósiles, pertencentes a animais como medusas, vermes, peces e os propios arqueópterix.

O primeiro espécime completo foi anunciado en 1862, tres anos despois de que Charles Darwin publicase A orixe das especies. Os arqueópterix convertéronse nunha das tantas probas que confirmaron a evolución.

Glosario Tema 6

Abril 20th, 2010

6º Tema

1º – Auga– (inglés: water, castelán: agua, alemán:wasser) composto químico, está constituído por moléculas. Cada unha delas está formada por tres átomos( dous de oxíseno e un de carbono, H2O)

2º –Calor específica– (inglés : specific heat, castelán: calor específica, alemán: spezifische Wärme ) grao de temperatura que precisa a auga para reter a calor.

3º – Augas subterráneas – (inglés: Groundwater, castelán: aguas subterráneas, alemán: Grundwasser) augas que se infiltran no subsolo a través dos poros e fisuras das rochas.

4º – Acuíferos – (inglés: aquifers, castelán: acuíferos, alemán: Grundwasserleiter ) masas de rochas nas que se acumula a auga subterránea.

5º – Torrentes – ( inglés: torrents, castelán: torrentes , alemán:torrents ) Augas que circulan polas pendentes do relevo, formando correntes permanentes ou estacionais.

6º – Lagoas ( inglés: lakes, castelán: lago, alemán: Seen ) Acumulación de auga de diversa extensión. Algunhas só perduran durante as épocas humidas.

7º – Transpiración– (inglés: perspiration, castelán: transpiración, alemán : Schweiß) proceso no que os seres vivos toman auga líquida e incorporanna aos seus corpos, pero devolven parte desa auga á atmosfera en forma de vapor.

8º – Nubes – (inglés: clouds, castelán: nubes, alemán: Wolken ) Acumulación de gotas de auga líquida (doce ) que se condensan sobre as partículas do po atmosférico, polo que se encontran en suspensión na atmosféra.

9º – Glaciares – (inglés: glaciers, castelán: glaciares, alemán : Gletscher ) Enormes masas de xeo que se forman sobre as terras emergidas debido a acumulación e compactación de grandes cantidades de neve.

10º – Infiltración– (inglés: infiltration, castelán: infiltración, alemán: Infiltration ) proceso no que unha das partes corredía infiltrase a ravés das rochas e forma as augas suberráneas. En ocasións estas augas saen de novo á superficie en mananciais e incorpóranse á corredería.

As nosas peregrinas

Abril 20th, 2010

Somos Elena e Sara do grupo F de 1ºC e imosvos presentar as nosas peregrinas Sara e Naiara:

Nome: Sara

Apelidos: Rodríguez Illodo

Idade: 30

Nacida en: Ourense

Traballa como: Profesora

Vive en: Pontemaril

Gustalle: a roupa deportiva e holgada.

Sara ten o pelo loiro e  alborotado; case sempre adornado cunha fermosa pañoleta dun color vermello intenso. Ela é moi guapa e intelixente, aínda se despista con frecuencia; tamén é mo boa amiga e compañeira.

Da súa fisonomía podemos concretar que é delgada e alta; cuns ollos escuros e pequenos. O seu nariz, é pequeno e chato, aínda que en conxunto coa cara completa, queda fermoso.

Nome: Naiara

Apelidos: Brea Lois

Idade: 29

Nacida en : Melide

Vive en: Pontemaril

Traballa como: Xefa de estudos do instituto de Pontemaril.

Gustalle: As cores escuras e as deportivas

Naiara é unha rapaza co pelo rubio e rizado. O leva solto e, xeralmente, despeinado. Ela é moi lista e tamén boa persoa. O que a converte na compañeira ideal. Coñece moito sobre plantas mediciñais e do seu uso, tamén sob re rutas e mosteiros.

Naiara, é baixiña e delgada, coa boca grande e o  nariz chato. As súas pernas son moi estreitas e delicadas; aparentemente, pois gústalle correr e facer deporte.

O DIAMANTE

Abril 19th, 2010

Aspecto

O diamante preséntase en forma de cristais incoloros octaédricos ou cúbicos de brillo adamantino aínda que a miúdo pódense atopar diamantes de cores variadas (branca, amarela, parda, vermella, verde ou azul).

Lugares onde se atopa

As rexións máis ricas en diamantes son a India, Brasil e Sudáfrica, pero as características do terreo onde estes se atopan son distintas en cada zona.

Na India, por exemplo, encóntranse principalmente en terras con propiedades areosas e en conglomerados antigos, probablemente silúricos (pertencentes ó segundo período da era primaria) e en masas dos ríos.

No Brasil, no estado de Minas Xerais, os diamantes atópanse nunha rocha formada en gran parte por cuarzo e mica. Pola contra, nos estados de Bahia, Goiás e Mato Grosso atópanse en depósitos soltos de aluvións e nas areas dos ríos.

En Sudáfrica as condicións son distintas. O diamante atópase nas areas dos ríos e en depresións crateriformes do terreo, cheas dunha terra de cor parda na superficie e azul grisácea na súa parte máis profunda, constituída por partículas dunha rocha eruptiva análoga á serpentina procedente da descomposición da olivina.

OS FURACÁNS

Abril 5th, 2010

O furacán é o máis severo dos fenómenos meteorolóxicos coñecidos como ciclóns tropicais.

Etapas dun ciclón tropical
ciclones tropicales

O furacán produce dous tipos de efectos dende o punto de vista técnico: o efecto directo é cando unha rexión específica é afectada por ventos, chuvia e marexada xerados polo furacán; ol efecto indirecto, inclúe únicamente un ou dous dos anteriores efectos.

Antes de Camille
Antes de Camille
Después de Camille
Después de Camille
. Estas imáxes ilustran a total destrucción do complejo de apartamentos Richeliue (Florida, EEUU) tras  o paso do furacán Camille en 1969.

A escala Saffir-Simpson define e clasifica a categoría dun furacán en función da velocidade dos ventos do mesmo.

Escala Saffir-Simpson
Categoría Rango de velocidade dos ventos
(kilómetros por hora)
1 119-153
2 154-177
3 178-209
4 210-250
5 maior que 250

Ir arriba


¿Como se observan os ciclóns tropicais?

  • Observacións directas: lévanse a cabo por medio de avións, barcos ou boias que determinan as dimensións e velocidade dos ventos do ciclón tropical.
Métodos de observación

(Imaxe do Programa COMET)

Malva

Abril 3rd, 2010

A malva é unha planta herbácea perenne, de talo erguido case sempre cilíndrico, ramificados e cubertos de pelosidade; as follas, tormentosas, teñen o peciolo longo de forma de ril ou acorazonada, presenta lóbulos dentados nos bordos e son de cor verde escuro.

Soen empregarse, na medicina popular, as follas, talo e flores. Para ser aplicada en Enemas profundos. Coas follas da malva faise un te que serve para aliviar a fiebre.

Malva sylvestris CloseupCampodeCalatrava.jpg

Microscopios

Abril 3rd, 2010

microscopio (das palabras gregas micro-, μικρο, pequeno, e scopio, σκοπεω, observar) é un aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas, demasiado pequenas para ser observadas a simple vista, como as células.

O tipo máis común, e o primeiro en ser inventado, foi o microscopio óptico. Trátase dun instrumento óptico que contén unha o varias lentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por refracción.

A ciencia que investiga os obxectos pequenos empregando este instrumento recibe o nome de microscopia.

Crese que o microscopio foi inventado en 1590 por Hans Lassen e o seu pai Zacharias, dous holandeses fabricantes de óculos. Todo indica, porén, que o primeiro en facer observacións microscópicas de materiais biolóxicos foi o holandés Antonie Van Leewenhokee ( 1632 –  1723).

Os microscopios de Leeuwenhoek eran dotados dunha única lente, pequena e case esférica. Neses aparellos el observou polo miúdo diversos tipos de material biolóxico, como embrións de plantas, os glóbulos vermellos do sangue e os espermatozoides presentes no seme dos animais. Foi tamén Leeuwenhoek quen descubriu a existencia dos microbios, como eran antigamente chamados os seres microscópicos, hoxe coñecidos como microorganismos. Trátase dun instrumento que contén unha o varias lentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por refracción.

Microscopio óptico. 1-Ocular; 2-Revólver; 3-Obxectivo; 4-Parafuso macrométrico; 5-Parafuso micrométrico; 6-Platina; 7-Espello; 8-Condensador

Microscopio óptico. 1-Ocular; 2-Revólver; 3-Obxectivo; 4-Parafuso macrométrico; 5-Parafuso micrométrico; 6-Platina; 7-Espello; 8-Condensador

En galego, proba e verás

Abril 2nd, 2010

[vimeo

En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

nolink]

A célula procariota

Abril 2nd, 2010


imagen

Aparello dixestivo

Abril 2nd, 2010

aparello dixestivoO aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a introdución de comida ou alimento no interior do corpo, así facer a dixestión para extraer a súa enerxía e mailos seus nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios. Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación.