Que é o Proxecto Interdisciplinar?

O proxecto interdisciplinar é un traballo de investigación en equipo arredor dun determinado tema.

 

     Neste curso o proxecto interdisciplinar que imos a realizar trata sobre o Camiño de Santiago e dentro da área de Ciencias Naturais  estudaremos as plantas medicinais. Todos os alumnos de 1º da ESO estaredes implicados neste proxecto.

 PARA LEVALO A CABO…..  camino

 

  

                                     … teredes que buscar, seleccionar e compartir a información. Desta forma adquiriredes e melloraredes a competencia en comunicación lingüística,  a competencia dixital, a competencia para aprender a aprender, a competencia en resolución de problemas e a competencia en habilidades sociais e autonomía.

   Dito doutra maneira melloraredes a expresión oral e escrita, a utilización das tecnoloxías da información, a solucionar problemas, a tomar decisións, a escoitar as opinións dos demáis e defender as propias, a analizar o que se sabe e a coñecer as propias capacidades entre outras cousas.

 

   Desexamos que este blogue sexa un reflexo de toda esa aprendizaxe. Así que ánimo e comezamos a traballar.

 

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.