Artes@ns da nosa saúde

“Se queres ser feliz unha hora, emborráchate. Se queres ser feliz un día, mata o porco. Se queres ser feliz unha semana, fai unha viaxe. Se queres ser feliz un ano, cásate. Se queres ser feliz toda a vida, ten unha horta” (proverbio chinés).

Estamos nunha comarca –A Limia– na que se fixo (e se segue a facer) unha desfeita grande do seu medio natural; mais esta terra é ó mesmo tempo unha zona na que moitas familias teñen na terra o seu principal sustento. Fomos moitos os que sendo rurais fomos “educados” para fuxir deste medio. E somos moitos os que estamos tratando de educarnos tendo como unha referencia a de vivirmos en harmonía co noso medio, na procura dunha “nova ruralidade“.

Dende a escola, tamén cunha pequena horta queremos amosar que estamos perto do noso, dos nosos, aprendendo a valorar as nosas sementes (banco de sementes), a sabiduría de tod@s os que traballan ou traballaron a terra tamén como unha maneira de coidar a saúde.

Xa dicía Tolstoi que “hai xente que paseando polo bosque só ve leña para o lume” pero nós tamén atopamos xente que nos aprende qué árbore é o gardián da sabedoría, a árbore sagrada por antonomasia ou a árbore da vida e da morte.

Si, somos da Limia, somos Rosalía.