A ARBORE QUE QUERIA VOAR
Había unha vez unha árbore que levaba toa a súa vida sen facer nada, e un día díxose:
- Como me gustaría que me levara o aire facendo ondas ao esquivar as nubes!
Tanto suspirou a pobre árbore, que cando chegou o día do Nadal e todos os nenos e nenas estaban moi contentos, ela seguía chorando moi deprimida. Cando chegou Papá Noel có trineo dixolle:
-E ti, parva, por que choras? Estamos no Nadal! Veña, alégrate!
Pero a árbore non sabía como facer iso, e Papá Noel díxolle que lle contara o que quería polo Nadal e ela contestou:
-Sr. S Claus, síntoo moito por vostede pero eu non pido agasallos, senón que quero voar.
Entón Papá Noel díxolle que vería o que podía facer e coa súa maxia púxolle moitas luces , e…… voou….e voou….
Dende aquela é a árbore máis feliz do mundo.
Uxía
Deja tu comentario